O sector do libro reclama concretar axudas e datas para as subvencións

A sétima edición dos premios Martín Codax xa ten os seus 60 proxectos musicais finalistas dos que sairán 20 galardoados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2020 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia reclaman á Xunta concretar as axudas para o sector do libro e un "calendario" determinado para pór en marcha as medidas pertinentes.

Así o trasladaron estas entidades ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nunha videoconferencia que mantiveron a semana pasada e reclamaron a posta en marcha dun bono libro familiar, o apoio á edición con axudas específicas, campañas de fomento da lectura, incremento do 50% na dotación para a compra de biblioteca, un plan de choque para implantar tras o estado de alarma nas librarías e a redistribución do orzamento destinado ao Xacobeo 2021.

Ao mesmo tempo, tamén incidiron nas "especiais dificultades polas que pasan as pequenas editoriais e librarías de autónomos", para os que tamén pide medidas específicas.

En todo caso, o acceso a materiais de lectura tenta abrirse paso a través doutras plataformas, sobre todo no ámbito universitario. No caso da Universidade de Santiago de Compostela (USC) agora os estudantes dispoñen do servizo de préstamos de libros electrónicos Prelo, o Fondos Histórico e Patrimonial da BUSCMiscelánea, cursos e congresos, revistas, multibuscadores académicos e bases de datos.

FINALISTAS PREMIOS MARTIN CODAX

No ámbito da música, a sétima edición dos premios Martín Codax xa ten os seus 60 proxectos musicais finalistas dos que sairán 20 galardoados que recibirán o seu premio na gala do próximo 30 de setembro, se a crise sanitaria mellora para entón.

Nun comunicado informaron de que serán os socios de Músicas ao Vivo (MAV) os que elixan aos 20 gañadores, un por cada categoría. Os 60 candidatos foron escollidos por un xurado profesional que destacou o "arduo traballo" que tiveron polo "alto número" de inscritos.

Neste sentido, tamén subliñaron que foi un "acerto grande" engadir a categoría de bandas de música, xa que son "imprescindibles". A decisión está agora na man dos socios de MAV.

CONCERTOS E TALLERES

Tamén na música, outras entidades traballan para entreter desde casa á cidadanía. SON Estrela Galicia retransmitirá este venres ás 18,00 horas unha actuación en directo de La Habitación Roja a través de Instagram. Jorge Martí interpretará desde a súa casa a canción 'La Luz', un tema que cantará por primeira vez en directo e que foi gravado durante o confinamento.

Na mesma liña de entretemento, os máis pequenos poderán seguir o taller 'Burbulógica' a través do portal web de Afundación en casa. Trátase dun taller educativo sobre pompas de xabón e outros experimentos que estimulen a curiosidade de toda a familia.

Biblioteca. EUROPA PRESS
Biblioteca. EUROPA PRESS | Fonte: JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta