A Fegamp alerta que os concellos están a recibir ofertas de test de "dubidosa legalidade"

Lembra que o test feitos fóra do sistema sanitario "non teñen validez a ningún efecto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2020 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) emitiu unha circular ás entidades locais para advertir da "dubidosa legalidade" de chamadas de venda de probas de coronavirus que están a recibir alcaldes.

Na súa comunicación, a Fegamp alerta tamén das posibles consecuencias de facer probas diagnósticas da COVID-19 fóra da canle oficial. A Fegamp decidiu enviar este aviso tras ser alertada por varios alcaldes de que recibiran ofertas para adquirir test. Respecto diso, lembra que estas probas deben pasar a supervisión das autoridades sanitarias para que garantan a súa efectividade e seguridade.

"A situación de emerxencia sanitaria que estamos vivindo fai que xurdan tentativas de negocio fraudulentas ou de dubidosa legalidade", sinala a federación, que tamén subliña que a realización de probas diagnósticas excede as competencias municipais e podería ter un efecto negativo nos esforzos por conter a pandemia "ao dar unha radiografía errónea da situación epidemiolóxica e xerar falsas expectativas".

Por iso, a Fegamp fai un chamamento á prudencia e responsabilidade para que, ante a dúbida, cidadanía e entidades sigan as canles oficiais e lembra que os test feitos fóra do sistema sanitario "non teñen validez a ningún efecto".

Unhas mans con luvas azuis suxeitan un test. CONCELLO DE ZARAGOZA
Unhas mans con luvas azuis suxeitan un test. CONCELLO DE ZARAGOZA | Fonte: MIGUEL G. GARCÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo 2

Tenhem os concelhos competências sanitárias? Não, concelho que merque tests (sejam mais ou menos legais) concelho que está a não cumprir a legalidade!