PSdeG e Galicia en Común instan á Xunta a facer "contratos estables ao persoal sanitario": "Non chega con aplaudir"

Gonzalo Caballero pide "fortalecer" o sistema" e Antón Gómez-Reino insta ao Servizo Galego de Saúde a ampliar máis aló do 30 de abril

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

PsdG e Galicia en Común reclamáronlle este venres á Xunta que a facer "contratos estables ao persoal sanitario" para "fortalecer" o sistema". "Non chega con aplaudir cada día ao oito da tarde", avisou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Así se pronunciou despois de que o xoves transcendese que se rescindiron contratos a enfermeiras eventuais no Hospital de Santiago e que un día despois foron chamadas de novo, cuestión que a Xerencia da área sanitaria atribuíu a un erro de comunicación.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia | Fonte: PSdeG.

Ante estes feitos, o xefe de filas dos socialistas galegos reclamou este venres "unha nova política sanitaria" que, na vía de "fortalecer" o sistema público, "ofreza contratos laborais estables e dignos" a todos os profesionais.

"Pedímosllo hai un mes á Xunta, ao comezo desta crise, e non se fixo", sinalou Gonzalo Caballero, que incidiu en que transcorrido máis dun mes desde o decreto do estado de alarma "hai que facelo xa" incorporando de forma estable a médicos e médicas, enfermeiros e enfermeiras, auxiliares de enfermaría e celadores.

O dirixente socialista asegurou que a crise da COVID-19 vai ter "distintos ciclos" e que "vai ir evolucionando no futuro con distintas intensidades" polo que considerou necesario "estar preparados para calquera escenario". "Máis sanidade pública é a mellor resposta", subliña.

Neste sentido, sostivo que "ademais dos aplausos de cada día as oito do serán", os profesionais "teñen que ter un recoñecemento laboral e os complementos adecuados para o traballo en situación de risco que están a facer".

Por iso, cualificou de "inaceptable" que se chegase a comunicar ás enfermeiras que atenden os casos de COVID-19 de Santiago a rescisión dos seus contratos, unha decisión que, segundo indicou, "o Sergas tivo que rectificar ante as denuncias dos sindicatos e os colectivos de traballadores".

"A sanidade pública é a bandeira que temos para defendernos a todos e á nosa saúde, máxime nunha situación de tanto risco como a que estamos a vivir", subliñou o secretario xeral do PSdeG, que asegurou que hoxe en día a cidadanía é "máis consciente que nunca" da importancia da sanidade pública e do traballo que fan os profesionais en hospitais, PACs e centros de saúde.

GALICIA EN COMÚN

Pola súa banda, a coalición Galicia en Común-Anova Mareas instou ao Servizo Galego de Saúde a ampliar máis aló do 30 de abril o contrato das enfermeiras eventuais do Hospital de Santiago ás que se comunicou a rescisión e, un día despois, foron chamadas de novo.

Este venres nunha rolda de prensa telemática, o deputado no Congreso e secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, apuntou que "non pode ser" que a vinculación contractual destas profesionais "que están en primeira liña" na loita contra o coronavirus finalice a finais de mes.

Despois de que, o pasado xoves, saíse á luz que a xerencia do CHUS chamou de novo ás enfermeiras eventuais ás que comunicou a súa rescisión a pesar de que tiñan asinado por dúas quincenas ata o final de abril, Gómez-Reino destacou que a mobilización destas profesionais, que denunciaron o ocorrido a través das redes, motivou que o Sergas "se botase atrás".

Por iso, reclamou á Xunta que o contrato destas traballadoras eventuais amplíese para facer fronte á crise do coronavirus que, en palabras de Gómez-Reino, está a demostrar "a imperiosa necesidade de reforzar a sanidade pública".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta