Os protagonistas nos medios de comunicación na crise do Prestige

Bieto Rubido, Lois Blanco, Pedro Pablo Alonso, Juan Carlos Da Silva, Francisco Orsini, Alfonso Sánchez Izquierdo, Lois Caeiro, José Manuel Rey Nóvoa, Antón Galocha, Fernando Rodríguez Ojea, a familia Outeiriño ou De Cora. O Goberno de Aznar tiña localizados ideoloxicamente a todos estes profesionais da prensa. Informe no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/12/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Xaneiro de 2013. Galicia seguía inundada de chapapote. Unhas semanas antes vivira a manifestación máis multitudinaria da súa historia. O Goberno central decide mudar radicalmente a súa política comunicativa. Envía a Galicia como Comisario da catástrofe do Prestige a Rodolfo Martín Villa. Os contactos cos medios de comunicación comezan a sucederse e, tamén, os informes sobre quen é quen no panorama mediático galego.

Unha voluntaria durante a limpeza do chapapote do Prestige
Unha voluntaria durante a limpeza do chapapote do Prestige | Fonte: noticiasbreves.com

A situación era ben complicada para a Xunta e para o Goberno central. A desinformación, a falta de medios e a descoordinación eran tan evidentes que ata os medios cunha liña editorial conservadora eran críticos con estas administracións nas súas novas sobre o Prestige. Por iso, decidiuse estudar aos medios galegos para poder actuar. Os principais dirixentes de Fomento e da vicepresidencia e presidencia do Goberno de Aznar recibiron este dossier. É descriptivo e non moi extenso pero nel aparacen reflexados os principais actores mediáticos de entón. Os usuarios de GC Plus, que coas súas achegas axudan a financiarse a este medio, poden acceder de xeito completamente gratuíto.

La Voz de Galicia

Tal e como o GC publicou con anterioridade, os responsables do Goberno central estaban especialmente interesados en mudar a orientación informativa de La Voz de Galicia. "El talante de su editor --Santiago Rey-- es conservador, como lo es también el de su director --en aquel momento Bieito Rubido, hoxe director do ABC--". "Sin embargo, al optar por una línea crítica están percibiendo que suben sus ventas, que mejora su reputación y que incluso la prensa de Alemania y de Francia los cita y se ocupa de ellos", escribían neste documento, escrito con anterioridade a este novo informe. Facían iso porque "en doce años de relación amable con el gobierno autonómico su nivel de autoestima profesional se ha elevado hasta sentirse poderosos".

Unhas semanas despois, e logo de comezar os primeiros contactos, a situación cambia. "Si bien la cobertura del Prestige fue inicialmente muy crítica, su actitud ahora es más amable". No informe se detallan o porque destes cambios que teñen como protagonistas ao entón director, Bieito Rubido e ao entón xefe de información de Galicia, Lois Blanco, hoxe director xeral da Corporación Voz. "Resultan convenientes los contactos con los citados...", recolle o dossier. 

Tamén aparece neste informe o delegado de La Voz en Carballo, Xosé Ameixeiras, con quen tamén houbo contactos. De feito, o pasado setembro, Ameixeiras, xunto co editor Santiago Rey, celebraban en Carballo os 25 anos da edición de La Voz en Carballo. A esa cita non faltaron o alcalde nacionalista do BNG Evencio Ferrero, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o exministro de Xustiza e líder provincial do PSOE, Francisco Caamaño e o presidente provincial do PP e alcalde coruñés, Carlos Negreira.

"De máximo inteŕes", di o informe sobre os contactos con La Voz.

Faro de Vigo e La Opinión

"Es el segundo diario en importancia de Galicia, con una notable presencia en el área de Vigo... Tiene cuatro ediciones comarcales, en las que se muestra crítico con la Xunta y con el Gobierno de la Nación". Son as primeiras liñas que se lle adica a Faro de Vigo. "El grado de interés también es máximo", di ao final. No medio, "conviene estrechar las relaciones con el equipo directivo, lo que seguramente no servirá para modificar sus posiciones, pero sí para atemperar la línea editorial actual". O informe fala claramente a Pedro Pablo Alonso --entón director do medio vigués e agora director de Diario de Mallorca--, Carlos da Silva; director adxunto entón e agora director, e Jesús Portela, sudirector.

Neste documento tamén se fala do outro xornal do Grupo Prensa Ibérica, La Opinión de A Coruña. "Se trata de un diario de precaria economía que, sin embargo, ejerce un modesto liderazgo entre algunos sectores de la ciudadanía". Entón dirixíao Francisco Orsini, que estivera como delegado do Faro de Vigo en Santiago, e agora é director de La Opinión de Tenerife. "Muy crítico con las instituciones, todavía sigue prestando gran espacio al hundimiento del Prestige", recollese. E, entre outras informacións alúdese á "línea muy sesgada" que mantén Orsini. "Consideramos de interés acercar posiciones con el director".

Grupo La Región

"Es el diario de Galicia que ha tratado de una manera más comedida los sucesos relacionados con el Prestige, debido a que se edita en la única provincia gallega que carece de mar", dise sobre La Región. Entre outras informacións, sulíñase que "está muy vinculado a la Diputación de Ourense y a la Xunta" e sinálase --como tamén se rumoreou nos últimos meses-- que "en varias ocasiones se estudió su venta al ABC". Daquela o seu director era Alfonso Sánchez Izquierdo, hoxe director xeral da CRTVG, ao que se lle adican certos eloxios. "No resulta especialmente influyente más allá de su entorno geográfico", recolle, finalmente, o informe.

Máis crítico é con Atlántico Diario, do que se di que é o terceiro xornal de Vigo, logo do Faro e La Voz, e "carece de relieve en su zona de influencia". Estaba dirixido por Fernando Rodríguez Ojea, hoxe membro do equipo de Izquierdo na CRTVG como xefe de comunicación, "que anteriormente desempeñó la jefatura de Economía en La Voz", recolle o informe. Con todo, recoñécese que este medio "sigue con mucha dedicación todo lo relacionado con el mar y la industria pesquera y naval de la ciudad" aínda que "su mantenimiento en el mercado se debe únicamente a su bajo coste de producción".

Grupo El Progreso

Tamén hai boas palabras para Lois Caeiro, director de El Progreso. "Es un periódico de corte conservador, si bien ello no impide que en determinados momentos apoye al actual alcalde socialista", sinala o dossier que lembra que pertence á familia De Cora. Por iso, conclúe, entre outras cousas, que "no es un medio crítico, pero debe tenerse en cuenta a su director".

Do Diario de Pontevedra, que viña de ser comprado por este grupo un ano antes, din que se atopa "en una fase de expansión que tiene por objetivo dominar el norte de Pontevedra".  Destácase o papel nesta "importante transformación" de Antón Galocha, o seu director. "Trata los asuntos relacionados con el Prestige dentro de una cierta asepsia y desde la defensa de los profesionales del mar. Sin duda esa posición le ha servido para incrementar ventas", di o informe. Logo doutras reflexións, finaliza, "es un medio con el que se puede llegar a acuerdos".

El Correo Gallego

A pesares de que no resto dos medios fálase da súa tirada e difusión, no caso de El Correo dise que "resulta muy difícil estimar su difusión debido a los conciertos de compra de ejemplares que mantiene con la Xunta y con otras instituciones". Resalta o papel de José Manuel Rey Nóvoa, director do medio, e do empresario Feliciano Barrera, editor do grupo Compostela, xa falecido. "Su posición es de apoyo claro a los gobiernos gallego y central", indica. Tamén alude ao tamén xa desaparecido Galicia Hoxe, "una versión en idioma gallego, de carácter meramente testimonial".

Grupo La Capital

Con El Ideal Gallego os redactores do dossier son contundentes; "mantiene una redacción en precario que dificulta que cualquier noticia que se aleje del entorno ciudadano sea tratada adecuadamente". Lembra que o seu director, Juan Ramón Díaz, foi un antiguo director de La Voz de Galicia, e que ten outros dous xornais; Diario de Ferrol e Diario de Arousa que son, "en realidad, ediciones locales del periódico principal". "Ninguno de los medios del grupo presenta posturas especialmente beligerantes, en lo que acaso influya su intestable economía", apunta.

GC publicará mañá a segunda parte deste informe que recolle as recomendacións e descripcións dos medios e profesionais da radio e televisión; entre eles Miguel Cortizo, Rodolfo Irago, Jesús Parga, Isidoro Valerio, Luis Pérez, Seve Cagide ou Antón Luaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Baltar Jr.

Grazas a deus chegou internet.... pesame polos xornalistas dos medios en papel...pero ogalla se vaian todos a quebra mais absoluta.

2 jepeto

Todos eses xornalistas ???? son uns vendidos miserables. Algúns presumían de ser de esquerdas, e mesmo galeguistas... agora, todos son estómagos agradecidos: Caeiro, Galocha, Ojea, Schez. Izquierdo (penosa TVG) ou Bieito Rubido (agora dirixe o ultra ABC). Que desastre de xornalismo galego !!!!!.

1 José P. Martínez

Mais os galegos seguen a mercar a Voz. Ese é o desastre máis grande.

1 Xornalista

E curiosamente dez anos despois este informe podería ser moi semellante a entón. Case todos os xornais seguen chuchando do poder. O que non entendo é ese control enfermizo que os gobernos queren ter dos medios, sexan afíns ou non

1 Lector

Home, pois que llo pregunten ao Sr. Beiras.....Grande parte dos seus resultados son da campaña feita - moitas veces dun xeito descarado - polo xornal LaVozdeGalicia. Por iso, na presentación do libro do Sr. Feijoo, o Sr. Beiras acudíu a pagar os favores prestados. Logo, xa sabemos, os discursos esquerdo-alter-mundistas poden con todo....

2 X. Lavandeira

Lector, vostede alucina, non fai falla difundir insidias para criticar aos que racharon co BNG.

3 Lector

Perdoa. Eu non difundo insidias. Limítome a falar da realidade: repasa as hemerotecas. Aí tamén atoparás insidias contra ao BNG de moitas persoas, mesmo cando aínda militaban nel. O que pasa, que a realidade - tamén como a da manipulación dos medios - doe.....

4 A. Q. V.

Lavandeira, as veces a realidade supera a ficción. Lector non dí mais que unha verdade que ve todo quisqui, agás os que se rixen pola fidelidade mesianica a Beiras. Pouco levan os oportunistas de AGE no candelabro que diria Mazagatos, pero xa nos levan obsequido con unhas cantas perlas. Coma o desprezo ao galego nos mitíns, ou o insulto via Lacayo Lara as nosas capacidades cognitivas. O nacionalismo do Bloque non era do meu agrado por morno, mais daban certas alternativas de fituro aos nosos sectores productivos. AGE limitase ao populismo mais barateiro. As razóns do apoio a Beiras do grupo da Voz, ven principalmente por dinamitar o nacionalismo galego e seguir coa dependencia via colonialismo. Nacionalismo que só existe na esquerda, introducindo o españolismo sistémico. Mais pola caducidade dun proxecto que centrase nun home de 79 anos, e con clara vocación mesianica de destruir todo o que non controla.

5 undefora

Eis o clásico resentimento sectario que está a afundir ao bloque desde hai dez anos. Patético.

6 Rabecho

Pamplinas e máis pamplinas. No BNG hai vida intelixente despois de pactar co PPSOE nas institucións? Hai que retorcelas moi gordas para escribilas