Ana Miranda destaca que é importante incluír axudas ao marisqueo a pé

Estas subvencións complementarias contribuirán a "paliar as consecuencias" da crise sanitaria neste sector do marisqueo a pé e á boia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliñou a "importancia" de que esta institución aprobase a inclusión de axudas ao marisqueo no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Desta maneira, unhas subvencións complementarias contribuirán a "paliar as consecuencias" da crise sanitaria neste sector do marisqueo a pé e á boia, explicou a representante dos nacionalistas en Europa este venres a través dun comunicado.

Desde o Bloque resulta "tremendamente importante" que os traballadores deste ámbito "poidan acollerse a axudas, tendo en conta que se trata dun sector que traballa nunhas condicións moi duras e que a súa paralización causa un tremendo prexuízo para as familias" que dependen este tipo de oficios en Galicia.

Ademais, Miranda lembrou que desde a anterior negociación para a reforma da FEMP (2012-2013), o Bloque reclama "que o marisqueo se inclúa entre as actividades que poden recibir axudas dos fondos europeos de pesca" para que se "un trato xusto" por parte das institucións europeas.

Para terminar, celebra que "por fin Europa abra os ollos ao sector pesqueiro" e tamén mostra unha valoración "moi positiva" ao Parlamento pola "flexibilización doutros instrumentos como os fondos de cohesión". Neste sentido engadiu que desde o seu partido "estarán atentos ao control dos mesmos para garantir unha boa execución e para que vaian destinados á poboación máis afectada".

Ana Miranda nun pleno do Parlamento Europeo. EUROPA PRESS - Arquivo
Ana Miranda nun pleno do Parlamento Europeo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Daniel F. Noquerol

É repulsivo que Anne Miranda siga cobrando o seu sideral soldo mentres non fai nada

1 Gamela

Que alguén me explique se esta muller é ou non é a día de hoxe europarlamentaria ? Non estaba na RESERVA ?