A Xunta sobre os contratos de sanitarios: "Houbo algún erro pero levamos feito centenares"

O presidente da Xunta di que Galicia foi a primeira autonomía en "dar estabilidade a todos os médicos e enfermeiros residentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atribuíu a un erro da xerencia a rescisión de contratos a enfermeiras eventuais da área de Santiago que foran recrutadas para facer fronte á pandemia do coronavirus e asegurou que se produciu sen "intencionalidade" do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

"Houbo unha interpretación que non era a intencionalidade do Sergas por parte dunha ou dúas xerencias, no resto non houbo ningún incidente e, por tanto, esa rescisión dos contratos foi inmediatamente anulada", manifestou ao ser preguntado respecto diso na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.

Na súa intervención, Feijóo subliñou que a Xunta defende a "estabilidade" para os contratos sanitarios. "Fomos a primeira comunidade autónoma que deu estabilidade a todos os médicos residentes que finalizaban a súa residencia e a toda a enfemería que finalizaba a súa residencia este ano", sinalou. O máximo mandatario autonómico lembrou que todos estes facultativos "están contratados" como "adxuntos ou persoal de enfemería comunitaria nos centros de saúde e nos hospitais de Galicia".

"Imos seguir traballando, levamos feito centenares de contratos para mellorar o noso persoal e mentres podamos facer ofertas públicas de emprego, que é o único sistema que temos para dar estabilidade definitiva ao persoal, ímolo a seguir facendo".

Neste sentido, lembrou que antes da pandemia a Xunta quería "sacar 5.000 prazas" no ámbito sanitario como oferta pública de emprego do ano 2020. "Antes da pandemia estaba claro, por tanto canto máis despois da pandemia", indicou.

Aplausos dos sanitarios do HULA ao saír da UCI por primeira vez unha paciente ingresada por coronavirus | ALX
Aplausos dos sanitarios do HULA ao saír da UCI por primeira vez unha paciente ingresada por coronavirus | ALX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta