Feijóo defende a súa xestión nas residencias: “Como publica La Voz somos a quinta autonomía con menos mortos”

Acusa á oposición de sementar "confusión" e ser "irresponsable" por pedir os datos de todas as mortes en residencias que é o mesmo que lle pide Pablo Casado a Pedro Sánchez.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/04/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta está orgulloso da xestión que está facendo dos contaxios en residencias de maiores. El mesmo asegurou en varias roldas de prensa que o índice de residentes contaxiados en Galicia -case 900 sen contar os máis de 180 mortos-- era menos do 1% con respecto ao número total de maiores ingresados en residencias, preto de 30.000. E ese mesmo dato utilizouno La Voz de Galicia para destacar nuha ampla información o gran labor que está facendo a Xunta con respecto a outras autonomías.

Fabiola García e Alberto Núñez Feijóo
Fabiola García e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.gal

E, claro, o presidente da Xunta volveu utilizar o seu medio de cabeceira para defender esta política. “Hoxe vemos na Voz que Galicia que o número de falecidos en función do número de persoas que vive en residencias é do 0,85%. Estariamos de acordo con este xornal que Galicia é a 5 comunidade con menos mortalidade en residencias”, asegurou na rolda de prensa telemática posterior ao Consello da Xunta.

OS DATOS REAIS: 44% DO TOTAL DE MORTOS

O que non contan nin La Voz de Galicia –o medio máis subvencionado e utilizado nesta crise para lanzar as mensaxes do Goberno galego--, nin o propio Feijóo é que o 44% do número total de mortos en Galicia, 424 na mañá deste venres, son usuarios de residencias de maiores.

Tal é a situación dalgúns centros que a Xunta tivo que intervir dous deles, a DomusVi Aldán de Cangas e a DomusVi Barreiro, de Vigo, con centenares de contaxiados e numerosos mortos, pero négase a facer o mesmo na DomusVi San Lázaro, en Santiago con case 50 mortos e máis dun cento de contaxiados ou Nuestra Señora da Esperanza en Ourense ou a Residencia San Carlos en Celanova con numerosos mortos e contaxiados.

E a pesar de todo, insiste nos datos que aporta La Voz de Galicia, fornecidos pola propia Xunta, porque “avalan que Galicia está nunha situación menos mala grazas á información de medios que fan investigacións sólidas porque o Ministerio de Sanidad non dá estes datos”.

CRÍTICAS A CABALLERO POR PEDIR O MESMO QUE PABLO CASADO

Por iso, o presidente da Xunta defende a súa política, a pesar do gran número de mortos en residencias e ataca á oposición por pedir que sexa transparente como o socialista Gonzalo Caballero, que lle pediu que aporte os datos de todos os maiores mortos nas últimas semanas en centros e se se lle fixeran as probas de coronavirus.

“Hai políticos que só están para opinar. Pero hai que ser máis responsables”, contestou acusando de crear confusión ignorando que, curiosamente, eses mesmos datos son os que tamén lle pide Pablo Casado a Pedro Sánchez no conxunto do Estado. “Probablemente non  hai ningunha comunidade que dera os datos de xeito tan transparente como esta todos os días. E dabámolos antes de que nolo dixera o Ministerio Sanidad”, insistiu.

Con todo, non aclarou se aos mortos das últimas semanas en residencias se lle fixo a proba do coronavirus. “Hai quen falece por outras patoloxías e iso prodúcese con normalidade nas residencias galegas, españolas e europeas”, dixo ao tempo que lembrou que ao 40% de usuarios de residencias xa se lles fixo o test.

INTERVENCIÓN

Preguntado porque non intervén centros con gran número de contaxiados como os de Nuestra Señora de la Esperanza, San Carlos ou DomusVi San Lázaro, Feijóo que iso faise cun protocolo pactado e “en función do número de positivos de cada residencia, o número de traballadores e as condicións arquitectónicas dos centros”.

Con todo, aclarou que todas as residencias están tuteladas. “E ademais hai médicos e enfermeiros da Consellería de Sanidade”, indicou ao tempo que lembrou que adaptouse ao Hospital Piñor de Ourense cunha gran residencia tutelada pola xerencia do hospital de Ourense con máis de 60 camas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Graña

La Voz de Galicia está facendo unha campaña infame. Os titulares a toda páxina en portada son un exemplo de manipulación indecente.

8 Ros

Vaia xustificación! Como publica o NOSO xornal....Vaia xeito de rirse da xente.

7 anonimo 2

Gestão!! Qual? Onde? De Quem? O único que faz Feijóo aparte de seu particular halo presidente e ficar pendurado dos telefones que conduzem a Madrid!

6 Gamela

Ás veces asáltame unha dúbida... será por levar 36 días preso, pero non alcanzo a comprender como é posible que ninguén queira sair da súa casa ? https://twitter.com/00Gamela/status... Será que ninguén ten conta en twitter, será que o tuit está en español, será que temos bloqueados os tuits incómodos co Novo Réxime Autoritario... Sigo pensando que a xente está contenta cos seus dereitos cercenados... ao mellor estou equivocado e todo isto é só un espazo virtual e xa vivimos todos noutra dimensión do espazo-temo ! Pode ser...

5 Geronimus

La Voz de Galicia hace exactamente lo mismo que La Sexta, Tele5,Antena 3, Cuatro y RTVE con PSOE/Podemos: servir a quien les da dinero.