Marea Atlántica pide ao goberno local da Coruña "adaptar" o orzamento á COVID-19

Por E.P. | A CORUÑA | 17/04/2020 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Marea Atlántica solicitou a "convocatoria inmediata" da comisión de facenda do Concello da Coruña "para iniciar a adaptación do orzamento ante a crise da COVID-19".

Pleno da Corporación municipal da Coruña.
Pleno da Corporación municipal da Coruña.

A portavoz desta formación, María García, asegura que non é posible "esperar máis". "É necesario redistribuír o gasto superfluo e dedicalo ás políticas para rescatar ás persoas".

Por iso, insta o goberno local a convocar "canto antes" a comisión de facenda para dar inicio "á tramitación dun modificativo de crédito".

"Que permita adaptar o orzamento do concello á situación de crise sanitaria, social e económica causada pola pandemia", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta