A Fundación Manuel María pide que a celebración do Día das Letras Galegas se prolongue ata 2021

Esta edición está adicada a Ricardo Carvalho Calero.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/04/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos instou á Real Academia Galega (RAG) a que a celebración do Día das Letras Galegas ao redor da figura de Ricardo Carvalho Calero se prolongue ata o ano 2021.

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

A firma que a medida resultaría "beneficiosa" para a cultura galega e "o afianzamento do conxunto do seu tecido cultural", ademais de supor un "tratamento xusto" para a figura do homenaxeado.

"Pódese lograr que as diferentes entidades culturais podamos desenvolver as actividades programadas que non puidemos realizar", apunta.

"Que as editoriais poden levar ás librarías e facer difusión normal das publicacións xa realizadas ou programadas e que as compañías de teatro representen as súas obras", cita, entre outros argumentos.

Con iso, asegura tamén que se evitaría que esta efeméride "quede restrinxida a un acto puntual e meramente protocolario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta