Dous sacerdotes galegos entre o medio cento de curas que morreron en España pola COVID-19

Madrid é a máis afectada, cun total de 100 sacerdotes contaxiados con diversa gravidade, dos cales faleceron 9 confirmados por coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/04/2020 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Polo menos 53 sacerdotes faleceron en España como consecuencia da COVID-19 —dous deles das dioceses de Santiago e Ourense— segundo un reconto realizado por Europa Press con datos de 56 das 70 dioceses españolas, a data deste xoves 16 de abril, e actualizacións dalgunhas dioceses a venres 17 de abril.

Catedral de Santiag
Catedral de Santiag | Fonte: Europa Press

Das dioceses consultadas, Madrid é a máis afectada, cun total de 100 sacerdotes contaxiados con diversa gravidade, dos cales faleceron 9 confirmados por coronavirus. En total, desde o 11 de marzo, no marco da pandemia, faleceron 28 sacerdotes na diocese de Madrid, segundo informaron fontes do arcebispado.

A segunda diocese máis golpeada polo COVID-19 é a de Pamplona-Tudela, onde faleceron por esta causa un total de 7 sacerdotes, seguida de Ciudad Real, onde morreron 5 sacerdotes por coronavirus; Palencia, onde faleceron catro sacerdotes diocesanos e un relixioso, e A Rioxa, onde faleceron catro sacerdotes, segundo informaron as respectivas dioceses.

Doutra banda, en cada unha das dioceses de Barcelona, Getafe, Oviedo e Valladolid faleceron tres sacerdotes; en Sigüenza-Guadalaxara, dous sacerdotes falecidos tiñan coronavirus, e en Astorga morreron tamén dous sacerdotes por esta causa. En Valencia faleceu por COVID-19 o vigairo episcopal territorial da Vigairía II da arquidiocese. Así mesmo faleceu un sacerdote nas dioceses de Vitoria, Santiago de Compostela, Málaga, Ourense, Solsona e Ciudad Rodrigo, segundo confirmaron os bispados.

Na maioría das dioceses hai sacerdotes contaxiados e ingresados por COVID-19, algún deles na UCI, e tamén casos de sacerdotes que o superaron e xa se atopan en casa. Desde as dioceses, aseguran que seguen "rezando pola erradicación" da pandemia do coronavirus e "pola alma de todos os que faleceron", tal e como sinalan desde a Igrexa de Tarazona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta