Sindicatos esixen á Xunta que asuma as súas competencias para tramitar as prestacións por ERTE

CC.OO. e CIG critican que as propostas que ofreceron para abordar o ámbito laboral dentro desta crise non foron escoitadas por parte do Goberno galego e que a única resposta foi o "silencio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) esixiron ao Goberno galego que "executen as súas competencias en emprego" para poder completar ao 100% as prestacións por ERTE que se tramitaron como consecuencia da crise sanitaria. Ambos os sindicatos apremaron este domingo á Administración para que os pagos se fagan efectivos e os afectados cobren a prestación por Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

Un autónomo bota o peche do seu negocio
Un autónomo bota o peche do seu negocio | Fonte: Europa Press.

"Lamentablemente a Xunta de Galicia nin está nin se lle espera máis aló da TVG", explica CC.OO., que acusa a Feijóo de "porse de perfil" e non executar as súas competencias para facer efectivas estas axudas. No seu lugar, a Administración galega "bota balóns fóra" e "elude as súas responsabilidades propias", mostrando "unha vez máis o seu desprezo á clase obreira galega".

Pola súa banda, a CIG apunta a que se establezan "garantías reais de protección social, sen exclusións e a reincoporación aos seus postos de traballo de todas a persoa temporais que foron despedidas e que non estaban incluídas nos ERTE". O secretario xeral deste sindicato, Paulo Carril, considera que ademais esta fórmula exposta foi "perversa, inxusta e equivocada" porque nade dentro da reforma laboral implantada polo PP.

Por todo isto, alerta que "canto máis se tarde en corrixir as inxustas medidas que se foron tomando, máis difícil" será atopar unha "saíde xusta" para todos os traballadores.

Ambas as forzas sindicais criticaron que as propostas que ofreceron para abordar o ámbito laboral dentro desta crise non foron escoitadas por parte da Xunta e que a única resposta foi o "silencio".

95% DOS ERTE BLOQUEADOS

Ao fío da tramitación dos ERTE, o PSOE da provincia de Ourense tamén denunciou este domingo que a Xunta "bloquease" o 95% dos expedientes de regulación temporal de emprego na provincia durante o mes de marzo.

Segundo os datos dos socialistas, as oficinas de emprego recibiron 2.948 peticións de ERTE ata o 27 de marzo e só aprobáronse 151 delas, é dicir, "as dependencias da administración galega só tramitaron o 5,12% dos ERTE solicitados".

Achacan á Xunta o atraso neste trámite xa que as oficinas de emprego da Administración autonómica son as que teñen que dar os primeiros pasos para que o SEPE conclúa o recoñecemento final da prestación autonómica.

Por este motivo, os socialistas denuncian "o vergoñoso cinismo" e o "descaro impertinente e propagandista" de Feijóo, ao que acusan de "seguir en campaña electoral en plena emerxencia sanitaria".

"Feijóo lamentouse ante os medios sobre como a xente non cobraba as súas prestacións" pero "está a desviar a súa propia incapacidade" e cargando contra os "empregados do SEPE que están a responder cunha dilixencia nunca vista", destacou o PSOE desa provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta