Sete persoas feridas en seis accidentes durante a fin de semana a pesar da corentens

A Coruña, con tres accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a sete persoas debido a seis accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana na rede viaria galega, no marco dos desprazamentos restrinxidos polo estado de alarma.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu seis chamadas en relación con accidentes de tráfico entre as 15,00 horas do pasado venres e as 23,59 horas do domingo. O tres días rexistraron dous sinistros cada un.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a sete. En concreto, unha ambulancia de soporte vital avanzado asistiu nun sinistro; o helicóptero medicalizado noutro e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en cinco incidentes.

Nos sete casos, as persoas feridas foron trasladadas aos centros sanitarios correspondentes, sinalou Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A proporción de home atendida situouse no 43 por cento e a de mulleres elevouse ao 57%. En canto ás idades dos asistidos, o 43% tiña entre os 40 e 49 anos. A Coruña, con tres accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros o fin de semana; seguida de Pontevedra, con dous; e Ourense, cun.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta