Ferido un condutor dun coche ao chocar contra un camión en Coles

Por E.P. | OURENSE | 20/04/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Un home foi trasladado na mañá deste luns despois de chocar o vehículo que conducía contra un camión da limpeza cando circulaban pola estrada N-525, á altura do colexio de Cambeo, no muncipio de Coles.

Ata o lugar desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado do condutor do turismo a un centro hospitalario.

Así mesmo, tras recibir a chamada de alerta ás 9,45 horas, a través dunha persoa particular, o 112 Galicia informou os feitos aos Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, así como a persoal do servizo de mantemento da estrada.

Segundo indicaron efectivos de Protección Civil ao 112 Galicia, os vehículos xa foron retirados da vía.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus | Fonte: @miguelnuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta