Denunciado por botar cubos de auga pola xanela a persoas que pasaban pola rúa

Ocorreu en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol tramitou unha denuncia contra un veciño que botou cubos de auga pola xanela do seu domicilio a persoas que pasaban pola rúa.

Segundo informa o Concello, a denuncia tramitouse o pasado venres, 17 de abril, cando unha patrulla acudiu ao lugar despois de que un dos viandantes afectados reclamase a súa presenza.

Os axentes, tras realizar diversas indagacións, localizaron ao autor dos feitos, residente nun cuarto piso, ao que subiron para interrogalo.

O home, segundo se informa, recoñeceu que arroxara a auga a un peón e asegurou que non era a primeira vez, desde o inicio do estado de alarma, que mollaba a persoas que pasaban pola rúa mentres permanecía confinado na súa vivenda.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

OUTRA DENUNCIA EN CULLEREDO

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil da Coruña propuxo para sanción un veciño de Culleredo de 59 anos que se atopaba á fronte dun establecemento de ultramarinos no que se rexistraba "unha gran afluencia de persoas" sen dispor de licenza.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando a patrulla realizaba vixilancia pola zona de Culleredo para o cumprimento do ordenado no marco do estado de alarma e comprobaron que un establecemento que carecía de nome rexistraba unha "gran afluencia" de persoas.

Os axentes observaron como do establecemento saían varias persoas con paquetes de tabaco e outros produtos alimenticios, polo que procederon a requirir á persoa que se atopaba á fronte os permisos regulamentarios.

Esta manifestou que vendía tabaco de forma manual a pesar de carecer de autorización administrativa e tampouco acreditou posuír a licenza que amparase a apertura do establecemento e a súa actividade.

Por iso foi informado de que os feitos serán postos en coñecemento do Organismo Autónomo Comisionado para o Mercado de Tabaco por infrinxir a Lei 13/98 de ordenación do Mercado de Tabacos, así como do Concello de Culleredo por infrinxir a lei do emprendemento e da competitividade de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta