O Supremo ordena ao Goberno distribuír equipos de protección aos sanitarios

Obriga tamén ao Executivo a informar quincenalmente a este órgano das medidas adoptadas para o efectivo cumprimento desta orde.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 20/04/2020 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo acordou este luns requirir ao Ministerio de Sanidade a adopción "de todas as medidas ao seu alcance para que teña lugar efectivamente a mellor distribución dos medios de protección dos profesionais sanitarios", e que informe quincenalmente a este órgano das medidas adoptadas para o efectivo cumprimento desta orde.

Conductor de ambulancias con E.P.I
Conductor de ambulancias con E.P.I | Fonte: © Miguel Núñez.

Deste xeito, o alto tribunal crea unha medida cautelar propia como consecuencia do requirimento que lle realizou Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) ao comezo do estado de alarma, cuxo tenor literal estima que non é aplicable.

Lembra o Supremo que neste momento non procede analizar se existe unha inactividade da Administración -que é o que expuña o sindicato- posto que este extremo se resolverá cando se analice o fondo do asunto e se resolva en sentenza.

No entanto, o tribunal siconsiderou que o interese público esencial e común de preservar o dereito fundamental á integridade física e o dereito á saúde dos profesionais sanitarios así como das persoas ás que asisten, esixen outras cautelas que procede acordar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta