Temas: A CORUñA

O Día do Libro na cidade da Coruña celebrarase cunha programación en liña e aberta á cidadanía

A Consellería de Medio Rural dirixiuse de novo ao Goberno central para que determine a reapertura ou o mantemento do peche dos mercados locais ao aire libre para a venda de produtos agroalimentarios.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/04/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

As dotacións culturais da Xunta na cidade herculina celebran o Día do Libro cunha programación de actividades en liña abertas a toda a cidadanía co obxectivo de fomentar a lectura entre a sociedade "e seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece, especialmente neste contexto de confinamento", sinala a Delegación Territorial.

As iniciativas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo abarcan desde concursos a través das redes sociais ata a publicación de novos catálogos "que permiten divulgar o noso patrimonio cultural".

Unha das dotacións que participa na celebración desta efeméride é a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, que pon en marcha, a través das súas redes sociais, o concurso 'Encriptados de ida e volta' mediante o cal os participantes deben enviar, ata este martes, unha mensaxe a través do seu perfil de Facebook co título do libro que están a ler durante o confinamento descrito con emoticonos. Unha vez recompiladas todas as mensaxes, publicarase unha listaxe o día 23 con todos os títulos e os participantes deberán adiviñar o título deses libros.

Libros
Libros | Fonte: Arquivo

MEDIO RURAL

A Consellería de Medio Rural dirixiuse de novo ao Goberno central para que determine a reapertura ou o mantemento do peche dos mercados locais ao aire libre para a venda de produtos agroalimentarios. A Xunta apunta que xa terminou o período que regulaba o permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais.

Explica que se dirixiu aos ministerios de Agricultura e Sanidade, así como á Delegación do Goberno en Galicia, para saber como proceder a partir do 9 de abril, data na que finalizaba o endurecemento do estado de alarma coa paralización de toda actividade non esencial.

A Xunta remarca que ten previsto un protocolo parar retomar a actividade coas medidas de seguridade e protocolos necesarios no caso de que o Goberno central autorice a reapertura destes mercados tradicionais.

Mentres, o Goberno autonómico creou a rede 'Mercaproximidade', unha canle alternativa de comercialización concibido para os produtos agroalimentarios galegos que viron reducidas as súas vendas por motivo do peche da hostalaría. Alcampo foi a última cadea de distribución en sumarse.

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta