Tempo para escoitar e falar

Neste tempo de confinamento percibo que, cada día que pasa, nesta sociedade escóitase menos e esbardállase máis. E faise soltando todo tipo de tolemias e trolas; faladurias que en nada axudan pra facer unha analise sosegada e calma do que estamos a sofrir; dos seus efectos e consecuencias e do que pode acontecer despois de que se controle esta pandemia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/04/2020

Comparte esta noticia

Ben sei que estamos nunha situación complexa onde, un inimigo invisibel, que non sabemos de onde saiu, resulta moi dificil de atacar.

Ou paciente abandona ou hospital entre aplausos do persoal sanitario. HOSPITAL VITHAS NOSA SEÑORA DE FÁTIMA
Ou paciente abandona ou hospital entre aplausos do persoal sanitario. HOSPITAL VITHAS NOSA SEÑORA DE FÁTIMA

Máis, sabedores deso, nas redes sociais a mala ostia dalgúns, e a de grupos organizados e  adoutrinados non paran de traballar contaminando a paisaxe con bulos e medias verdades, e axudando a  enlamar a comunicación, pois  actuan como   persoas adoctrinadas pouco tolerantes e  nada reflexivas.

A oposición ó goberno, sobor de todo a da extema dereita, e tamén a  dos populares pouco  axuda a sair desta situación tan belixerante. Pois, nalgúns momentos, actúan como se fosen rapaces pretendendo soamente  estar  no foco mediatico pra non  perder cancha. E, deste xeito, azuzan e sementan críticas e incertezas con tal de desgastar e se é posibel derrubar ó goberno que algúns  chaman social comunista.

Esta crise sanitaria mundial, nunca vivida, pouco  parece importar. Polo tanto, anclados en posturas antagónicas, cada quen barre pra súa casa. E ninguén ten a capacidade de asumir que todos teñen respnsabilidades dado que,  tanto o goberno como a oposición, mandan en comunidades onde houbo importantes recortes en sanidade. Pero, xa se sabe, a culpa sempre é do outro. E así veñen os silencios do que convén  nas comparecencias, mentres se lle atiza coas esaxeracións ó adversario político.

Se en Galicia o maior número de mortes se dá nas residencias de maiores e  as denuncias de carencias de todo tipo afloran continuamente, como é posible  que a Xunta non asuma que é responsabel da vixiancia e control  desas entidades? Ise podería ser un bo exemplo.  Vivimos nun tempo onde a crispación parece que é necesaria e ate gusta. Ten moito morbo.

 Vivimos momentos de certa anguria e  parece que aínda non somos  capaces de escoitar e de asumir unha autocrítica todos. E cando digo todos, inclúo a gobernantes, oposición e tamén  ós cidadáns que nas redes sociais están continumante compartindo e espallando trolas.  Cómpre que  tomemos nota do que se fai no veciño Portugal onde,  a oposición, ponse ó servizo do goberno. Que preto estamos de Portugal no físico e que lonxe noutras  cousas.

En fin, esperemos que a comisión  de negociación,  anunciada despois do principio de acordo entre o PSOE e o primeiro partido da oposición, abra un novo tempo. Un espazo  onde o dialogo e o sentidiño se impoñan e, onde todos,  alvisquemos un futuro con máis acordos e menos enfrontamentos. Chegou o tempo de falar,  escoitar, argumentar e acordar. E si nesa comisión  se chega a importantes acordos todos sairemos gañando e seremos unha democracia madura na  que, a pesares das diferencias,  o que importa son os cidadáns e os seus problemas.

Vivimos un tempo de confinamento forzado; vivimos unha situación que endexamais aconteceu. Fagamola mais levadeira co concurso de todos que mellor nos ira como sociedade.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com