A Coruña queda sen o festival do Orgullo Atlantic Pride por mor do coronavirus

A dirección avanza que está a traballar para que a proposta "siga crecendo e madurando" cando se supere o actual contexto de crise sanitaria.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/04/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A dirección do Atlantic Pride, un festival con eventos lúdicos, culturais e reivindicativos para visibilizar a diversidade afectiva-sexual, decidiu cancelar a edición deste ano, prevista para a semana do 5 ao 12 de xullo na Coruña.

Nun comunicado, explica que "a actual situación sanitaria e económica" orixinada pola pandemia COVID-19" levounos a tomar esta decisión. "Pensando en todo momento na saúde e o benestar dos nosos espectadores, aos que xa consideramos amigos, e dos artistas participantes", apostila nun comunicado sobre o que cualifica como unha "dura decisión".

Con todo, inciden que o fan pola "responsabilidade de garantir o bo desenvolvemento dun proxecto no que cremos ferventemente".

Desde a dirección de Atlantic Pride, O Orgullo do Norte, agradecen a todas as partes implicadas "o seu traballo e responsabilidade", entre as que inclúen ás administracións públicas, os patrocinadores, os artistas e o público que apoiou a proposta.

Por outra banda, a dirección avanza que está a traballar para que a proposta "siga crecendo e madurando" cando se supere o actual contexto de crise sanitaria.

Festival Atlantic Pride
Festival Atlantic Pride

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta