Caballero urxe a Feijóo a aclarar "se tenta obrigar a os nenos a ir ás aulas antes do verán"

Critica tamén o órdago de Feijóo aos opositores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou este martes que a Xunta "non estea a dar respostas nin solucionando os problemas" que existen no ámbito escolar como consecuencia da crise do coronavirus, tanto no que respecta ao peche do curso académico como no relativo á convocatoria das oposicións para o corpo docente.

No que incumbe ao curso escolar, o líder dos socialistas galegos criticou que Feijóo diga que "non lle convence" o acordo asinado entre o Ministerio de Educación e as comunidades autónomas "sen trasladar cal é a súa posición". "É necesario que clarifique a súa postura e que aclare se é partidario de obrigar aos nenos a acudir ás aulas antes do verán", remarcou Gonzalo Caballero, consciente dos problemas que poden xurdir como consecuencia da celebración de clases presenciais.

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG lembrou que xa propuxo á Xunta que dispoña de "máis medios e máis facilidades de conexión" para que os alumnos poidan acceder aos materiais e actividades de forma virtual.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

En canto á oferta de emprego público para docencia, Gonzalo Caballero expresou a súa preocupación pola actitude que está a ter Feijóo ao "non despexar o calendario".

"Parece que prefire botar un órdago aos opositores e seguir sen posición nas pavías da confusión", reprobou e pediu acordar "unha solución á problemática do calendario" que "dea certezas" a quen leva moitos meses preparando oposicións.

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, durante un almorzo informativo.
O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, durante un almorzo informativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non oh, moito mellor levalos ao Super !!! https://twitter.com/00Gamela/status...