Profesionais da rehabilitación colaboran en Santiago na recuperación física de enfermos da COVID-19

Tamén gravaron un vídeo con recomendacións de exercicios para os enfermos encamados, tanto nas plantas de hospitalización como nos domicilios, que está dispoñible na páxina web da área sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O Servizo de Rehabilitación e Medicina Física da área sanitaria de Santiago e Barbanza puxo un equipo de profesionais a disposición das unidades con enfermos de COVID-19, co obxectivo de colaborar na súa recuperación física.

Segundo informaron fontes da área sanitaria, o equipo de profesionais está formado por catro fisioterapeutas e un médico rehabilitador, que están a dar cobertura aos enfermos de maneira continuada, incluso os fins de semana.

Por outra banda, profesionais do servizo tamén gravaron un vídeo con recomendacións de exercicios para os enfermos encamados, tanto nas plantas de hospitalización como nos domicilios, que está dispoñible na páxina web da área sanitaria.

Dado o gran abanico de efectos que pode producir esta doenza, lembran os expertos, "é frecuente" que os pacientes máis graves necesiten "de estancias prolongadas en unidades de críticos".

Neste escenario, a abordaxe rehabilitadora ten como obxectivo fundamental, entre outros, axudar a estes enfermos no proceso de desconexión da ventilación mecánica e mellorar o manexo das secreciones bronquiales, para tentar evitar acúmulos nas vías respiratorias, segundo explicou o xefe do Servizo de Rehabilitación de Santiago, Jesús Figueroa.

Outro aspecto importante do tratamento rehabilitador nestes pacientes é tentar evitar as secuelas derivadas do encamamiento que levan as estancias hospitalarias prolongadas. "É frecuente atopar situacións extremas de deshabituación física, polineuropatías, rixidez articular ou miopatías", explican os expertos, con peor evolución no caso dos anciáns.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta