Polémica entre PP e PSOE tras comparar o 'popular' ourensán Roberto Castro a Marlaska cunha "cupletista"

O exsubdelegado do Goberno en Ourense retira o comentario do seu Facebook e descúlpase: "Foi pouco afortunado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

PSOE e PP de Ourense encerelláronse este martes nunha polémica por mor dun comentario que o exsubdelegado do Goberno na provincia Roberto Castro (PP) publicou no seu Facebook en alusión ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, que posteriormente retirou e, polo que pediu desculpas admitindo que foi "pouco afortunado".

Roberto Castro García (PP)
Roberto Castro García (PP) | Fonte: Europa Press

"Está claro quen se ten que ir. Ese da voz afrautada que parece unha cupletista, que dirixe (o de dirixir é un dicir) o Ministerio do Interior. Agora a culpa tena a Garda Civil! Como sempre, covardes en todo! Vaia cuadrilla de ineptos!", foi a mensaxe que Castro escribiu o luns no seu perfil de Facebook.

Castro admitiu que cometeu "un erro" e, tras atribuír o sucedido ao ímpeto do momento, que ás veces "leva a facer estas cousas en redes sociais", subliñou que el adoita apostar polos "argumentos" nas discusións e rexeitou este tipo de comentarios. De feito, explicou que eliminou o comentario e substituíuno por outro de desculpas.

Este paso non evitou a polémica entre socialistas e populares de Ourense. Así, o PSOE denuncia "os insultos homófobos e machistas" do exsubdelegado contra o ministro.

Tamén reclamou ao presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, que "poña coto" a estes "ataques persoais contra a orientación das persoas que tamén son aplaudidas polo vicepresidente da Deputación", Rosendo Fernández.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Pola súa banda, Rosendo Fernández, tamén secretario xeral do Partido Popular de Ourense, saíu en defensa de Castro e cargou contra a actitude do secretario provincial do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, a quen acusou de "querer instaurar, ao máis puro estilo comunista, unha férrea censura prohibindo a liberdade de expresión e a crítica política a filiados populares, mentres obriga aos militantes socialistas a difundir os contidos das súas redes sociais ante o evidente fracaso dos seus perfís".

Rosendo Fernández defendeu así ao exsubdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, "obxecto das críticas dun profesional do insulto e a mala educación, que como calquera cidadán é libre de expresarse", neste caso sobre a polémica campaña para contrarrestar o clima contrario á xestión de crise por parte do Goberno de Pedro Sánchez.

O secretario xeral dos populares ourensáns rexeitou non só "a censura que quere impor Villarino non só a un ciudadanos que non ocupa cargo político algún e que ten o mesmo dereito a expresar as súas opinións e ideas que calquera outro", senón tamén a unha formación política, o Partido Popular de Ourense, "a cuxas redes sociais somete a un exhaustivo seguimento para atopar calquera desculpa que lle sirva para saciar o seu instinto destrutivo e a súa ansia de protagonismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta