Pedir perdón...

O Neo Liberalismo conservador non soamente venceu no terreo da política, nas urnas, nos procesos electorais. Tamén venceu na conformación da condición humana.

Por Enrique Castro | Compostela | 03/12/2012

Comparte esta noticia
 
Ter éxito, ter reputación, ter poder para acumular cousas materiais, ter diñeiro, criticar axuizando a outros sen axuizarnos a nós mesmos, ser individualista, ter e fomentar o ego...son algunhas das características culturais que o Neo liberalismo político e cultural enraizou nos nosas costumes, na nosa forma de ser, nas nosas formas de pensar e abrigo de actuar. Son valores que desde o meu punto de vista, chocan coas mellores esencias do humanismo filosófico, cos mellores pensamentos que permitiron, entre outras moitas cousas, unha sociedade sen desigualdades sociais, con igualdade de oportunidades, coa procura do talento, do coñecemento, da investigación. Esencias as do humanismo filosófico, que en España permitiron (alá a principios do S. XIX) a Constitución de Cádiz de 1812 que provocou (sen conseguilo) limitar o poder monarca, a abolición do feudalismo, a igualdade entre peninsulares e americanos finalizando a inquisición. Por tanto, converteuse en embrión do que hoxe coñecemos por laicismo.
 
No entanto, a historia de España, (e o exemplo anterior) demóstranos que o pensamento conservador, sempre tivo e ten resistencias. E que as mesmas, sempre se desencadearon de forma tráxica. E a reciprocidad neste tipo de accións, conformaron e conforman a existencia da dualidade, a existencia das denominadas "duas Españas". Unha singularidade específica, única.
 
Non sería até finais do S.XIX principios do S.XX que o pensamento hoxe coñecido como socialdemócrata, iría penetrando en todas as capas da sociedade. Os valores que naquel entón representaban (con independencia das singulares pluralidades territoriais españolas), sustentábanse na procura e consecución da Paz, a non explotación laboral, o benestar xeral, a non discriminación por motivo de sexo ou orientación sexual, raza, a defensa das linguas como ben de uso cultural, a autonomía, a descentralización do Estado. Todas estas (entre outras moitas máis) propostas baseadas na colaboración entre iguais, solidarias, o exercicio democrático dos liderados emerxentes fronte aos preestablecidos, o control cidadán do exercicio do poder, o progreso social baseado no coñecemento, a cultura, a investigación foron truncadas. Na I ª e a  II ª República españolas foron exercicios políticos (coas súas diferenzas temporais) que confluíron nun país, cuns marcos democráticos, económicos e sociais moi avanzados daqueles entón.
 
Ao final, todos sabemos que a II ª República española acabou de forma tráxica. O fascismo e o nazismo confluíron a modo de experimento, cunhas consecuencias devastadoras, de sometemento ideolóxico con tinguiduras racistas e excluíntes, non soamente no noso país, senón en toda Europa.
 
E hoxe, en pleno S.XXI atopámonos que "os efectos da globalización son inevitables". Iso indícannos desde as posicións políticas do neo liberalismo sen que exista unha resposta contundente por parte das forzas progresistas...Pero cabería preguntarse é certa a afirmación? Hai unha lóxica desde o pensamento progresista que impoña un novo escenario ou paradigma?
 
Mentres tanto, de forma tímida, humilde, efectuada por persoas anónimas tal e como ilustra estas liñas, un grupo de persoas anónimas, militantes do PSOE piden perdón. Este perdón é un paso, pequeno pero sincero para empezar a construír o que eu denomino "Novo Partido Socialista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA