Temas: RESIDUOS SOGAMA

A Xunta encomenda a Sogama a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios, principalmente máscaras e luvas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente encomendou ao complexo ambiental de Sogama a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios, principalmente máscaras e luvas, por mor da alerta sanitaria polo coronavirus.

Máscara
Máscara

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou este martes as instalacións de Sogama, despois de que, a solicitude do Sergas, se vaia a proceder á xestión destes residuos de forma provisional.

En concreto, Sogama habilitou unha instalación específica de pretratamento, que será independente dos residuos urbanos, tanto desde o punto de vista industrial como laboral. Así, procederase á trituración destes elementos para despois ser destruídos na planta termoeléctrica a temperaturas superiores a 850 graos para a eliminación de patóxenos e outros elementos nocivos.

Estes residuos están catalogados de clase II e III, polo que presentan baixo risco de infección, segundo informa Medio Ambiente nun comunicado.

Temas: RESIDUOS SOGAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta