Os concellos galegos recibirán información sobre a norma para obras menores xunto a ríos de Galicia-Costa

Neles explícanse as modificacións introducidas en determinadas disposicións en materia de augas, en vigor desde o pasado 23 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia



A Xunta trasladou aos concellos "información práctica" sobre a nova normativa de xestión pública da auga que facilita a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.

Os cambios normativos permiten, entre outras cuestións, a realización de obras en fachadas, tellados ou cambios de xanelas en vivendas próximas aos ríos coa presentación dunha declaración responsable e iniciar os traballos desde o momento da presentación da devandita declaración.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, remitiu escritos aos alcaldes dos 181 municipios que teñen, total ou parcialmente, o seu territorio nesta demarcación, acompañados de dípticos explicativos.

Neles explícanse as modificacións introducidas en determinadas disposicións en materia de augas, en vigor desde o pasado 23 de marzo. O Diario Oficial de Galicia do 3 de marzo publicou o novo decreto no que se introducen estas modificacións.

A Xunta destaca a súa "especial relevancia" para as entidades locais polo seu impacto social, ao facilitar aos cidadáns a execución de distintas actuacións nas proximidades dos ríos coa declaración dunha declaración responsable, sen ter que esperar pola autorización de Augas de Galicia, como se requiría ata o momento.

OBRAS MENORES

Así, desde o pasado 23 de marzo pódense executar, presentando declaración responsable, obras de pintado, revestimento e impermeabilización de fachadas, tellados ou cambios de xanelas nas vivendas que se atopen nas proximidades dos ríos, así como algúns traballos de conservación de infraestruturas viarias ou a execución de peches permeables de malla ou similares.

Ademais, como novidade, eses traballos menores na área dos ríos de Galicia-Costa poderanse iniciar desde o momento da presentación da declaración responsable, sen ter que esperar a autorización de Augas de Galicia.

Isto suporá, segundo a Xunta, unha axilización nos trámites e na execución das obras, xa que ata agora para os traballos que estaban permitidos con declaración responsable esixíase un prazo de 15 días desde a súa presentación para poder iniciarse.

Co novo decreto, estímase que ao redor do 40% das case 1.200 solicitudes que recibe Augas de Galicia poderanse acoller á declaración responsable, axilizando as actuacións e evitando a espera de varios meses da tramitación dunha autorización.

Reunión por videoconferencia de Ethel Vázquez co sector de enxeñaríaXunta
Reunión por videoconferencia de Ethel Vázquez co sector de enxeñaríaXunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta