"Os nenos poderán correr e saltar, pero non montar en bicis ou monopatíns"

Así serán os paseos dos nenos a partir do 27 de abril.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 22/04/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O secretario de Estado de Dereitos Sociais, Nacho Álvarez, explicou que os nenos poderán saír a dar "paseos curtos" e "na contorna do fogar". Os nenos poderán correr e saltar pero non montar en bicis nin monopatines, segundo engadiron a Europa Press fontes deste departamento.

Nun primeiro momento anunciouse que os menores podían ir só ao supermercado, á farmacia ou ao banco, acompañando a un adulto, e despois rectificouse para dicir que se lles permitiría saír a dar un paseo a partir deste domingo. "É a posibilidade de algo que creo que todos estabamos a desexar, necesitando e constatando, unha vez que se comproba epidemiolóxicamente que se pode facer, que saian a realizar paseos curtos, con prudencia, na contorna do fogar.

Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus, en Valdemoro
Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus, en Valdemoro | Fonte: Madrid (España) a 20 de abril de 2020.. Óscar J.Barroso - Europa Press

Álvarez puntualizou que estas medidas son parte dun plan que xa viñan traballando a dirección de infancia do Ministerio de Dereitos Sociais co Ministerio de Sanidade, no que se contemplaba a saída dos menores a dar paseos curtos. Preguntado sobre o motivo polo que o Goberno expuxo unha medida pola mañá e cambiouna pola tarde, o secretario de Estado achacouno a que "a sociedade demandou maior concreción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

As bicis sonche moi perigosas, igual ao neno se lle dá por non volver subir a un coche (?) e perdemos un futuro cliente para seguir enchendo de "merda" o planeta !