Relevado o director da residencia de Baños de Molgas aínda que seguirá colaborando con Política Social

Miguel Ángel Vázquez foi contratado "para pór en marcha" a residencia integrada dos Milagres, xa que se trata dunha persoa "con moita experiencia" no ámbito da gerontología e dirixiu outros centros para a terceira idade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia relevou ao que ata agora era o director da residencia integrada Os Milagres (Baños de Molgas), Miguel Ángel Vázquez, aínda que seguirá colaborando con Política Social, segundo indicaron a Europa Press fontes desta Consellería.

Vázquez é, ademais, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) e esta semana foi relevado no seu cargo como director do centro habilitado despois de polo en marcha. De feito, esta residencia foi a primeira das integradas que empezou a funcionar en Galicia acollendo a usuarios afectados procedentes de residencias de maiores.

Segundo explicaron fontes de Política Social, Vázquez foi contratado "para pór en marcha" a residencia integrada dos Milagres, xa que se trata dunha persoa "con moita experiencia" no ámbito da gerontología e dirixiu outros centros para a terceira idade.

Así, unha vez finalizado o seu contrato "para este labor", a "estrutura" habilitada en Baños de Molgas "pasa a formar parte da Consellería de Sanidade e queda baixo a tutela única da dirección asistencial da área Sanitaria de Ourense", precisou o departamento que dirixe Fabiola García.

As mesmas fontes deixaron claro que "non foi cesado" e que el "seguirá colaborando coa Consellería de Política Social" para "repensar e reflexionar" sobre o futuro das residencias para a terceira idade.

POSTURA DE VÁZQUEZ

Nunha entrevista concedida a Europa Press o mércores pasado, Miguel Ángel Vázquez animaba ás familias dos residentes a "denunciar en vía penal" aos responsables sanitarios, aínda que admitiu que "aínda non era o momento" de xudicializar a situación.

Na mesma, tamén recoñeceu que as residencias "son centros do ámbito social que non teñen recursos sanitarios" e "ningunha" en toda España ten médicos "de presenza 24 horas". De feito, explicou que "nas máis pequenas, por lei, non teñen que ter nin médico nin enfermeira".

Neste contexto, apuntou que "sen dúbida" a intervención por parte da Administración dos xeriátricos en Galicia mellora a atención dos enfermos por coronavirus.

Miguel Ángel Vázquez
Miguel Ángel Vázquez | Fonte: SGXX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A este home haberá que facerlle un MONUMENTO ! Deixa meridianamente clara a política de LAZARETOS do Sergas ! Pregunto: ¿En toda Galicia non había ninguén que falase tan claro coma falou Miguel Angel? ¿Cantos "colaboracionistas" temos infiltrados no sistema sanitario? A ver se lle fan caso e comezan a presentarse Denuncias en Vía Penal !!! Os partidos políticos andan a outra Historia (?)