Os materiais dos GES nalgúns concellos: algunha máscara, luvas e lentes para desbrozar

En Castro Caldelas os traballadores teñen que buscar o material pola súa conta.

Por Galicia Confidencial | Castrocaldelas | 24/04/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O BNG de Castro Caldelas denuncia a situación de desamparo na que se atopa o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) deste concello para facer fronte ao coronavirus. Así, denuncian que non hai protocolos e o material é insuficiente.

Alfonso Rueda entrega tres novos vehículos aos GES de Ribadavia, Muíños e O Barco.. XUNTA
Alfonso Rueda entrega tres novos vehículos aos GES de Ribadavia, Muíños e O Barco.. XUNTA

A día de hoxe, os GES empregan buzos – que non son unipersoais-, guantes de látex, as lentes para desbrozar e unha máscara cirúrxica. “As traballadoras precisan de material de protección que lle aporte seguridade para realizar todas as tarefas de desinfección e coidar así das veciñas e veciños do concello de Castro Caldelas. Non poden ser elas quen teñan que buscar ese material", denuncian nun comunicado os nacionalistas.

Hai unhas semanas, a AXEGA instou aos concellos a solicitar o material de protección necesario, pero o Concello de Castro Caldelas "non se amparou nesta axuda a pesares do déficit de material que posúen". “Os Grupos de Emerxencia Supra municipais están levando a cabo unha labor moi importante na protección das veciñas e veciños nesta crise sanitaria, precisan de materiais que lle aporten seguridade e garantías” sinalan desde a organización nacionalista.

O BNG denunciou tamén os novos usos que se lle están dando durante estes días a un dos vehículos pertencentes ao GES, considerando “inadmisíbel que non se separe o uso profesional do uso particular”. Asemade, adiantaron que pedirán ao goberno de Castro Caldelas que se faga un bo uso dos vehículos así como unha maior protección para as traballadoras e traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta