A DomusVi San Lázaro recibe a oito residentes tras a morte de medio cento de maiores

Pasarán un mes illados nun cuarto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A residencia DomusVi San Lázaro, de Santiago de Compostela, recibiu a oito usuarios que esta semana foron dados de alta tras superar o coronavirus. Unha cifra escasa se temos en conta que este é o principal foco de mortes en Galicia, con case medio cento de falecidos, e 57 contaxiados aínda.

Dous do oito usuarios da residencia DomusVi San Lázaro que se recuperaron de coronavirus, Jesús García (esq) e Victoriano Gasamans (drcha). DOMUSVI
Dous do oito usuarios da residencia DomusVi San Lázaro que se recuperaron de coronavirus, Jesús García (esq) e Victoriano Gasamans (drcha). DOMUSVI | Fonte: Europa Press

As oito persoas que recibiron o alta foran trasladadas á residencia integrada Porta do Camiño, unha das que a Xunta habilitou para atender a algúns casos positivos procedentes das residencias de maiores.

Estes residentes da DomusVi San Lázaro permaneceron nas súas instalacións desde principios de abril e ao longo da pasada xornada e deste venres están a regresar ao seu fogar. Agora pasarán un mes illados en habitacións individuais para cumprir con todos os protocolos de prevención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta