O alcalde de Pontevedra considera "imprudente" suspender as festas de verán a pesar do COVID-19

O rexedor do BNG apela á "responsabilidade" dos pais ante a saída dos nenos de forma controlada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, indicou que é "imprudente" suspender agora as festas de verán na cidade, que inclúen a Semana Grande da Peregrina e a Feira Franca. "Parece evidente que as grandes aglomeracións van estar prohibidas por algún tempo, pero a min non me gusta adiantarme na toma de decisións", sinalou o rexedor, nunha videoconferencia cos medios de comunicación.

Lores resístese a tomar decisións "sen argumentos" especialmente cando "non se sabe" canto tempo máis vai durar o estado de alarma e en que condicións se fará o proceso de "desescalada". Por este motivo, o rexedor apuntou que o goberno local actuará "a medida que se acheguen esas datas", sendo consciente da relevancia que teñen as festas e os grandes eventos, unhas actividades que xeran un impacto económico moi importante na cidade.

Neste sentido, o alcalde de Pontevedra anticipa que, chegado o caso, se hai que decretar a suspensión de eventos, tratará de buscar fórmulas para salvar algúns contratos. Expertos apuntan que durante o verán aumentará a circulación do virus pola concentración de xente.

PASEOS DOS NENOS

Fernández Lores tamén se referiu, a preguntas dos xornalistas, á saída dos nenos menores de 14 anos a partir do domingo, apelando á "responsabilidade" dos pais para que asuman eses paseos mantendo o "excepcional" comportamento que están a demostrar durante este estado de alarma.

Esta circunstancia, segundo o alcalde de Pontevedra, está relacionada "indubidablemente" no feito de que esta área sanitaria ten o menor índice de afectados e de falecementos en Galicia.

TAXAS E IMPOSTOS

Por outra banda, o alcalde de Pontevedra anunciou que, mentres dure a actual situación de estado de alarma, ningún cidadán deberá abonar impostos municipais, taxas ou prezos públicos.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista en Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista en Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 O Freire

Lores, BNG e negócio dos touros. Se se suspenden as festas non hai touradas. E xa sabemos que negócios protexe o Lores. Patético que os do BNG calen. Fano polo negócio que representa a alcaldía e a participación na depuración clientelar de Carmela Silva. Noxo.

2 Ruio

Que decían de Núñez Feijóo los que le criticaban tanto por demorar el aplazamiento de las oposiciones de Secundaria? Con uno de los suyos calladiños como p.

1 Sentidiño

Moderador/a!

2 José

Feijoo quería facer as oposicións en Xuño. As festas da Peregrina son en Agosto. Comprendes?

3 Remulo

José, las oposiciones de secundaria no tenían ni que haber sido convocadas este año. Y hasta esta semana la Consellería no las aplazó cuando las demás comunidades autónomas ya las habían aplazado hace mes y medio. En Galicia somos los últimos en todo. ¿Va a esperar Lores hasta junio para aplazar lo inevitable? Populismo barato y electoralista, sea del PP, PSOE, Podemos o del BNG, que sólo piensan en clave electoralista, importándole nada la salud de la gente. Claro, a sus jefes nos les faltan test ni atención preferente en los hospitales.

4 José

Se cadra vamos aceptar estar de aqui a Agosto confinados... Vale Maio. Pero Xuño e Xullo tamén? e, se non estamos confinados, non se poderá celebrar algún acto festivo, coas debidas medidas de distanciamento? As festas da Peregrina poderíanse celebrar evitando grandes aglomeracións, como por exemplo as touradas e as grandes verbenas e concertos.Porque se non, a saúde mental sí que vai ser un problema.

1 Prudencio

Pois tamén é verdade que é imprudente facelo con 4 meses de antelación, o sensato é facelo con 3.