Dirixentes do PP queren eleccións en xullo para aproveitar a "boa xestión de Feijóo" e a caída do PSOE

Din que hai que aproveitar "que agora o PSOE está máis debilitado" e facelas canto antes. Outros prefiren agardar a que pase a crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A decisión de Íñigo Urkullu, o lehendakari vasco, de abrir o debate electoral puxo outra vez de actualidade as eleccións en Galicia. Feijóo dicía este venres que non está na súa axenda actual convocar eleccións en xullo, tal e como propón o líder do PNV, pero fontes do seu partido non o descartan porque "pode compaxinar ese discurso con convocalas en xullo".

Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia
Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia

En todo caso, no PPdeG hai dúas visións acerca de cal sería a nova data electoral máis propicia. E é que, aínda que a principios desta semana practicamente todas as voces vían de forma unánime que "non tocaba" falar duns comicios que "acaban de suspenderse", tras coñecer a intención de Urkullu son moitas as impresións que cambiaron.

Así, hai fontes da dirección da formación popular que manteñen que é "moi precipitado" falar de eleccións e argumentan que a situación non se normalizou " completamente" ata agosto. Opinan que a formulación de Urkullu é "equivocado", que ten "uns motivos de apuro" dos que carece Feijóo e que este non está aínda "coa cabeza" nos comicios galegos.

ELECCIÓNS NO MEDIO DO VERÁN

"Hai marxe para pensalo, case un mes, se se celebran a finais de xullo", apuntan, con todo, outros dirixentes da dirección do partido consultados por Europa Press. Estas fontes sosteñen que Feijóo ten marxe para "compaxinar" o seu discurso de que "agora mesmo non pensa nos comicios" coa súa celebración en xullo.

Internamente está estendida a visión de que a "boa xestión" da crise sanitaria reforzouno fronte a un PSOE que sae "máis debilitado". Desde unha perspectiva electoral, entenden --fronte a quen consideran que sería difícil de explicar manter algunhas restricións e que se celebren os comicios-- que ao PPdeG beneficiaríalle, entón, que se celebren "canto antes mellor".

Tamén hai quen considera, dentro da cúpula do PPdeG, que sería "moi difícil" xustificar desmarcarse de Euskadi, porque se podería dar a entender que a situación galega "é peor". "E iso non é así", apuntan as mesmas fontes, que admiten que en xullo sería "imposible" celebrar unha campaña "normal". "Pero tampouco a finais de setembro ou en outubro, e estaría aí o posible rebrote", engaden. En todo caso, todas as fontes consultadas remarcan que a decisión última será de Feijóo, quen, unha vez máis, escoitará a uns e a outros antes de trasladar cando acudirá Galicia ás urnas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Fidel

Lamentablemente a oposición galega non está á altura do reto de sacar ó frijol da Xunta. Toda a corentena desaparecida sen facer nada útil, só facendo parvadas nas redes. Temos narcopresi pra outros 4 anos.

1 Sentidiño

Francofeixón goberna sen parlamento: é o novo Napoleón I ! Viva o emperador! Cesarismo ou morte!

2 Ana

¿Boa xestion?. Os paises con menos confinamento (Portugal, Bielorrusia, Alemaña, Polonia etc) son os que teñen menos mortes e menos ruina económica. Por outra banda gustariame saber se os falecidos morreron "por" ou "con" coronavirus e canta xente morre todolos anos por gripe e neumonía sen tanta cobertura mediatica. Por ultimo quero saber o sentido do confinamento total cando e mais loxica a "inmunidade de rebaño" e so estar confinadas as persoas de risco.

1 Poncio

Ti non sabes do que falas. Que atrevida é a ignorancia. A gripe e a pneumonía nin de lonxe se parecen a isto. A inmunidade de rabaño? Vai ilustrarte primeiro un pouquiño. Por certo, Alemaña, son moi bons escorrendo o bulto, e non contan nin un tercio dos casos reais, pero diso saben moito o que pasa é que en 1945 colléronos coas mans na masa e non puideron disimular. Iso si, estamos de acordo en que isto é un estado de sitio militarizado e non era a mellor sanidade do mundo, máis ben do medio para baixo.

2 Sentidiño

Si, Pilato, Angela Merkel, que naceu na RDA, ten culpa do que paspu hai 75 anos... Si, claro, porque o carácter está nos xenes, como prnsaban os nazis...e máis Poncio.

1 Braisiño

Feijoo e La Voz de Galicia xa levan hai tempo ( antes do coronavirus) en Campaña Electoral. A oposición, a velas vir, sen enterarse.