Denunciado un home que defendeu estar fóra porque "non se sentía representado polo Estado"

Alegou que tiña "motivos ideolóxicos" para atoparse na rúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol informou de que denunciou na pasada xornada un home por incumprir o confinamento e negarse a identificarse ante os axentes que llo requiriron.

Nun comunicado, a Policía sinala que foi despois de que o 092 recibise aviso de que unha persoa se atopaba na pista de skate da Malata, cando unha patrulla acudiu ao lugar e viu que alguén tentaba "ocultartarse para non ser descuberto".

Localizado o home, pedíuselle que se identificase, ao que, segundo a Policía, negouse, ademais de alegar que tiña "motivos ideolóxicos" para atoparse fóra do seu domicilio. Defendeu que "non se sentía representado polo Estado" e tampouco --dixo-- "polo nome que este lle atribuíu".

Á vista da situación, os axentes decidiron trasladar ao home á Comisaría do Corpo Nacional de Policía, onde se logrou, "tras varias indagacións e comprobando o padrón municipal, a identificación".

O home enfróntase a dúas denuncias, por desobediencia e por non respectar o estado de alarma.

MÁIS DENUNCIAS EN SANTIAGO

Á súa vez, na capital galega, a Policía Local identificou a dez persoas entre as 8,00 horas do 23 e as 8,00 horas deste venres por vulnerar o estado de alarma. Nove delas foron propostas para sanción.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta