O PSdeG constitúe un comité asesor de expertos sanitarios que inclue a ex conselleira de Sanidade

O obxectivo é "fortalecer" o sistema para loitar contra a pandemia de coronavirus e para dar "a mellor resposta" ante a evolución da crise sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) constituíu un comité asesor en materia sanitaria con 50 expertos entre os que se inclúe a ex conselleira de Sanidade, María José Rubio.

O obxectivo deste comité é "fortalecer" o sistema para loitar contra a pandemia de coronavirus e para dar "a mellor resposta" ante a evolución da crise sanitaria, explicou este domingo o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, aos medios de comunicación.

"Tras unha década de recortes, privatizacións e precarización do emprego" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) "é hora de fortalecer a sanidade" e a "defensa da saúde da cidadanía", destaca Caballero.

Por este motivo, este comité asesor traballará "para dar a mellor resposta desde a Xunta e construír o sistema de saúde" que a xuízo do líder socialistas queren "todos os galegos".

Neste sentido, Caballero lembrou que ao longo do último mes o PSdeG presentou a Feijóo un plan para "incorporar máis persoas ao Sergas e para facelo en mellores condicións laborais". Sobre isto, lamentou que o presidente da Xunta "prefira perpetuar o modelo actual de temporalidade e precariedade".

Para a nova década, Caballero quere "deseñar" unha "nova atención primaria" e un sistema no que se poida "fortalecer a formación e a investigación" sanitaria.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta