Máis de 500 persoas dispoñen do servizo de comida a domicilio da Coruña

A administración local impulsou un servizo de liña telefónica para atender os máis maiores da cidade herculina.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Un total de 508 persoas son usuarias do servizo de comida a domicilio que mantén activado a concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña.

Ademais, desde que empezou estado de alarma o mesmo goberno local entregou 250 menús nos comedores de Monte Alto e Novoboandanza no marco do programa de comedores sociais.

Así o explicou este domingo o concello coruñés nun comunicado, no que precisou que 51 das 508 persoas que reciben comida a domicilio foron dadas de alta "de urxencia" neste servizo desde que comezou o estado de alarma.

Desta maneira reforzáronse os servizos sociais co obxectivo de "dar unha resposta inmediata" ás necesidades das veciñas e veciños que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

378 CHAMADAS DE MAIORES

Coa mesma meta a administración local impulsou un servizo de liña telefónica para atender os máis maiores da cidade herculina.

Desde a súa posta en marcha, o pasado 31 de marzo, atendeu 378 chamadas e é unha iniciativa que xurdiu para acompañar as persoas maiores que vivan soas, para que poidan levar mellor o confinamento.

Está destinado a todos aqueles que "carecen de soporte familiar ou social, non teñen acceso aos contidos dixitais ou queren conversar un momento con alguén", explica o concello.

A liña é gratuíta, o teléfono dispoñible é o 900 920 500 e nela responden 31 persoas voluntarias da cidade.

Un home mira pola ventá durante o confinamento
Un home mira pola ventá durante o confinamento | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta