Música clásica e curtas de animación para toda a familia con Afundación en Casa

O programa propón un repaso a algunhas das propostas que non estiveron na primeira liña dos focos do cine, con Asier Mensuro, e outro ás claves esenciais das creacións dos grandes compositores, con Teresa Adrán.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Afundación en casa presentou este luns dúas novas sesións deas curtas de animación, con Asier Mensuro e nesta ocasión en torno a Pas de Deux de Norman MacLaren, e as audicións comentadas de pezas esenciais das grandes figuras da música clásica, con Teresa Adrán e sobre a figura de Igor Stravinsky.

Teresa Adrán no programa Afundación en Casa.
Teresa Adrán no programa Afundación en Casa.

Os circuítos de proxección de cine non conseguen programar todas as pezas producidas, especialmente cando se trata de obras afastadas das grandes produtoras ou enmarcadas no formato da curtametraxe de animación. Por iso, o experto en cine e arte, Asier Mensuro, elaborou unha serie de pequenas pílulas informativas sobre algunhas destas propostas que, na súa opinión, merecen ser destacadas debido a súa alta calidade. Ademais, en cada unha destas sesións facilítase unha ligazón para a visualización da obra

Por outra banda, a especialista en música clásica Teresa Adrán propón unha nova aproximación ás grandes pezas da música clásica para descubrir as claves que acabaron por consolidar as imprescindibles figuras desta arte. Nunhas breves pílulas analíticas, para as cales conta co apoio da Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia para a reprodución das partituras, Adrán analizará os misterios que autores como Mozart deixaron impresos nas súas composicións.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta