Xunta e Federación de Caza únense para difundir a actividade como "deporte seguro e sustentable"

Organizan unhas xornadas que serán impartidas por expertos nas diferentes materias e poderán ser presenciais ou en liña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2020 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente colaborará unha vez máis coa Federación Galega de Caza na organización de cursos e xornadas formativas para difundir esta actividade como "un deporte seguro e sustentable", explicou o Goberno autonómico.

Estas accións enmárcanse dentro dun convenio de colaboración que renovaron este luns a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o presidente da entidade, Javier Nogueira Diz, e que ten como obxectivo difundir e fomentar os valores ambientais asociados á actividade cinexética, tales como "o respecto e o coidado do patrimonio natural".

Así, mediante este acordo, o Goberno galego contribuirá á realización de actividades de divulgación, formación e fomento da actividade cinexética. Nese sentido, destacan os cursos e xornadas dirixidas a cazadores e responsables das sociedades de caza, sobre temas de actualidade relacionados coa actividade cinexética, a súa seguridade e a súa xestión. Estas serán impartidas por expertos nas diferentes materias e poderán ser presenciais ou en liña.

A maiores, o convenio de colaboración contempla a reedición dunha campaña divulgativa sobre prevención dos sinistros, un curso formativo que falará sobre as medidas de seguridade que se deben adoptar durante a práctica da actividade cinexética e na organización de batidas para evitar accidentes; do mesmo xeito que unha aproximación aos primeiros auxilios.

Nas últimas semanas, a Xunta mantivo un "diálogo constante" con este sector, para informalos das decisións tomadas con respecto á situación de emerxencia sanitaria.

A máis recente foi a decisión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) na súa reunión do pasado sábado, que autorizou accións de caza de maneira excepcional naquelas zonas con maior risco de incidencia da fauna salvaxe, sobre todo do xabaril.

Cazador
Cazador | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 llamparego

¿Seguro? Según Mutuasport, una mutua de seguros, y de los datos se sus afiliados, entre 2001 y 2017 se produjeron 348 fallecimientos y 29500 siniestros con lesiones. La estimación para el total de licencias en España es de 1178 y 80700. ¿Seguro?

1 Raposo

Si si, xa xa. 43.000 cazadores en Galicia. A quen votaran os cazadores?? Si non representarán un so voto para o pp, outro galo cantaría.