“Como pode facer Feijóo un plan de desescalada sen estudos nin información científica?”

Toda a oposición critica ao presidente galego por anunciar un plan sen contrastalo con estudos en epidemioloxía. “Non é mesmo Arbo que Vigo”, di a nacionalista Ana Pontón.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba este domingo un plan de desescalada para Galicia baseado en tres eixos: o demográfico, o sanitario e o xeográfico. Así, apostaba por facer plans específicos por áreas sanitarias. Con todo, os grupos da oposición criticaron un plan que, advertiron, non está baseado en ningún estudo e que non ten en conta as diferencias que pode haber entre Vigo e Arbo, ou Lousame e Santiago nas mesmas áreas sanitarias.

Cada día sae cunha nova diferente sen ter estudos epidemolóxicos”, dixo o socialista Gonzalo Cabsallero sobre Feijóo. “Despois de seis semanas nos que puido reinar sen comparecer acabouse o cheque en branco que lle demos porque ten que darlle resposta aos galegos”,  indicou na rolda de prensa telemática do luns. “Ten que ser máis responsable e leal porque semella que está só a competir con Sánchez”, engadiu. .

Tamén Antón Gómez-Reino, líder de Galicia en Común, cuestionado sobre as medidas para a "desescalada" do confinamento, apuntou que "a Xunta non ten plan de desescalada", polo que propuxo que este proceso se deseñe para Galicia nunha mesa con representación de técnicos, expertos e representantes das forzas políticas, ademais do Goberno autonómico.

“A escala ten que ser comarcal con diferencias entre urbano e rural porque non é o mesmo Rodeiro que Santiago ou Arbo que Vigo”, suliñou a nacionalista Ana Pontón que apostou por “adaptar a desescalada á situación galega”.

Os tres dirixentes criticaron tamén ao Partido Popular tras pedir Pablo Casado a Sánchez participar no plan de desescalada e Feijóo evitar facelo coa oposición en Galicia. “Son as incongruencias do PP que pide unha cousa en Madrid e fai o contrario en Galicia”, suliñou Pontón. “Semella que están nunha carreira a ver quen sae antes cun tema”, engadiu.

Repartición de máscaras no transporte público. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Repartición de máscaras no transporte público. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braisiño

Moi sinxelo, Feijoo está de campaña electoral xa hai tempo. A oposición, a velas vir, non se entera de nada. Xunto coa Voz e a TVG, arrasará nas eleccións. Oposición patética.