Cal será o papel dos pensionistas na nova recesión económica provocada pola COVID-19?

O coronavirus está provocando unha crise xeralizada . O economista Xabier Pérez Dávila sinala que durante a crise de 2008, as pensións e subsidios fixeron de freo mantendo unha certa demanda. “Se en Galicia temos 700.000 pensionistas, temos uns ingresos garantidos para crear demanda”, apunta.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 02/05/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As probabilidades dunha recesión económica que afecte tamén ás pensións non é unha idea que se poda desbotar. Así se pode deducir das declaracións ofrecidas por persoas vinculadas ao Movemento pola Defensa das Pensións Dignas. A diferenza coa crise que comezou en 2008, estiman que agora o Goberno fixo unha intervención rápida fronte a unha indecisión e logo un recorte das pensións por parte dos executivos de Zapatero e Rajoy.

Pensionistas
Pensionistas

Outra cuestión é convencer ao resto da sociedade que coas pensións se poden crear postos de traballo, que un sistema público de residencias non tería que ser un custe adicional para a sociedade. Isto redundaría en beneficio de sectores da sociedade ata o momento moi afectados polas recesións económicas.

OUTRA CRISE?

Se se produce unha crise agora será por estarmos en casa sen producirmos, se non prestamos servizos, non creamos riqueza” di o economista Xavier Pérez Davila. Sen produción non hai ingresos, non hai consumo e a economía acaba renxendo por todas partes. As solucións que se podan adoptar virían por unha parte da investigación e descubrimento dunha vacina e tamén das políticas públicas que se adopten.

Mais volvendo ás consecuencias para as pensións, o feito de afrontar unha nova recesión agora mesmo “non suporía tocar a hucha das pensións, neste momento deuse unha resposta rápida” di Victoria Portas, experta en Seguridade Social e Relacións Laborais. Esta non é unha situación igual á de 2008. “As pensións de abril collerán o país máis feble, e debemos ter en conta que a recuperación levará tempo".

“Debemos ter en conta que no Goberno do Estado existen posicións a favor de medidas neoliberais e posicións contrarias” di Francisco Vázquez, médico retirado e membro de MODEPEN. Para Vázquez existe un pulso social que acabará segundo o que se poña sobre a mesa. “Non pode darse outra vez o de 2012, volver á tentación de recortes sobre as pensións”.

PENSIÓNS, DIÑEIRO PERDIDO?

A idea máis recorrida sobre o futuro das pensións é a de que o avellentamento da poboación levará a atrasar a idade de xubilación. Isto aplicarase para manter o fluxo monetario que se traducirá logo en pensións. Mais, o avellentamento é tan nocivo para as propias pensións? “De ningunha maneira, se fosemos un país civilizado aproveitaríase esta coxuntura para a creación de máis postos de traballo no sector” di Francisco Vázquez.

“As pensións deben estar dentro dun sistema social máis amplo” di Xavier Pérez Davila. O economista sinala que durante a crise de 2008, as pensións e subsidios fixeron de freo mantendo unha certa demanda que sen elas sería imposible. “Se en Galicia temos 700.000 pensionistas, temos uns ingresos garantidos para crear demanda”.

Pérez Davila ademais, explica que a creación dun sistema enteiramente público de residencias tería un dobre beneficio para a economía galega. Por unha parte, os usuarios e usuarias estarían atendidos, senón de maneira gratuíta, si cunha aportación mínima. Esta rede de centros en canto emprego, “beneficiaría en canto creación de emprego e redución de persoas dependentes a cargo das familias”.

A Carta Social Europea declara que a pensión mínima digna debería supor polo menos o 60% da renda media dun país. Con todo “a renda non debera baixar do Salario Mínimo Interprofesional” di Pérez Davila. En España, aínda non se derogou o decreto que incrementaba a contía das pensións un 0,25% por ano. Pedro Sánchez anunciara a súa súba segundo o IPC, aínda así, a súa primeira actuación foi unha suba xeral do 1,6% e dun 3% as pensións mínimas. De momento, e coa COVID-19 aínda en activo, as medidas aínda están no aire.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Marcela Tello

Está claro que hemos vivido momentos muy difíciles y ahora lo peor está por llegar con la nueva crisis. Aún así, quiero hacer una llamada a todos para que permanezcamos unidos, motivados, porque si seguimos luchando juntos saldremos de esta mucho antes de lo que pensamos. El otro día leía reflexiones positivas sobre el confinamiento aquí y aquí, y me di cuenta de que la actitud es imprescindible cuando quieres lograr algo. No lo olvidemos, señores, hay que salir de esta juntos y estoy seguro de que todos somos más fuertes de lo que imaginamos. ¡Mucho ánimo!

1 Gamela

Antes de meterlle a man na carteira aos pensionistas... cómpre lembrar que miles de pensionistas seguen PRESOS nas Residencias 60 días máis ! É hora de reivindicar que non todos os que viven en Residencias poderán aguantar 110 días sen sair a dar un paseo...!!! Esta tortura debera rematar... https://twitter.com/00Gamela/status... E logo de ver a suba de soldo que van ter os coidadores case seguro que ninguén pensa en sacar a pasear aos que queiran facelo...