Temas: BANCA CIG

Proposta da CIG para financiar paquetes sociais e crear impostos á banca

Esixen o "pago inmediato" da prestación por desemprego a través dun procedemento "especial e extraordinario" para efectuar lso pagos "semana a semana" ata que poidan retomarse os pagos a mes vencido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) propuxo a creación dun imposto sobre os beneficios extraordinarios da banca e as entidades financeiras e a eliminación dos "privilexios" ás SICAV e grandes empresas como vías para financiar as medidas sociais que require a crise socioeconómica que carrexa a pandemia de coronavirus.

Nunha rolda de prensa telemática ofrecida este luns onde a CIG presentou as mobilizacións do Primeiro de Maio, o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, enunciou unha serie de medidas para evitar que "a clase traballadora pague os efectos" da crise, que provocou "a imposición de fórmulas inxustas, desde o primeiro día, que se fundamentan nas reformas laborais" aprobadas en 2010 e 2012.

En primeiro lugar, denunciou os ERTE "indiscriminados" e alertou que "calquera prórroga" en base ás medidas acordadas no decreto 8/2020 aprobado o 17 de marzo "constitúe un abuso e grave prexuízo para a clase traballadora".

Ademais de insistir na necesidade de derrogar as reformas laborais de 2010 e 2012, a CIG insta o Goberno central a prohibir que as empresas poidan "simultanear" a aplicación dun ERTE "con calquera outra medida consistente nun descolgue salarial, inaplicación de convenio colectivo, de modificación substancial das condicións de traballo ou de mobilidade xeográfica".

PAGO DO PARO

Outra das demandas destacadas pola CIG este luns é a esixencia do "pago inmediato" da prestación por desemprego a través dun procedemento "especial e extraordinario" para efectuar lso pagos "semana a semana" ata que poidan retomarse os pagos a mes vencido.

"Manter a forma ordinaria de pago das presataciones é causar un atraso de graves consecuencias", subliñou Paulo Carril, que tamén demandou que se garanta o cobro do 70% da base reguladora de cada traballador.

NOVOS IMPOSTOS

Así as cousas, como método para afrontar o custo de todas estas medidas sociais que eviten que o "peso" da crise recaia nos traballadores, a CIG propón a aprobación dun paquete de medidas fiscais que grave os beneficios extraordinarios da banca e os activos finacieros, ademais de acabar cos "privilexios" das SICAV e das grandes empresas.

Por último, a central nacionalista expón que se utilicen as partidas orzamentarias destinadas a gastos militares e á Casa Real nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para afrontar o gasto social que levará a situación socioeconómica dos próximos meses.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, nunha rolda de prensa por videoconferencia. CIG
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, nunha rolda de prensa por videoconferencia. CIG | Fonte: Europa Press

Temas: BANCA CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta