Jennifer López enfronta a Jácome e La Región: DO acusa ao xornal de publicar “fake news”

Duro ataque de Democracia Orensana ao xornal da familia Outeriño por publicar que o concerto coa artista norteamericana anunciado polo rexedor nunca existiu.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/04/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Democracia Orensana, o partido que lidera o rexedor de Ourense, Gonzalo Jácome, lanzou unha dura crítica contra La Región, o principal medio de comunicación da provincia, tras publicar que o concerto de Jennifer López que anunciou o rexedor non era verdade.

Nunha información titulada “JLO: el concierto que nunca fue”, La Región cualifica de falso o anuncio de Jácome de que traería á cidade das Burgas á estrela nortemericana. “Un mánager de humoristas y un intermediario plantearon a Jácome traer a Jennifer López en una operación definida como “inviable” por el sector”, publicou o xornal ourensá que acusou ao rexedor de “vender” este concerto nas súas redes sociais sen telo falado coa Xunta e os seus técnicos. “Agora di aprazar o que non existía”, engade.

“ESTÁN RABIOSOS”

Una información que non sentou nada ben a Jácome que contraatacou a través do seu partido acusando ao xornal de publicar “fake news” e bulos. “Están rabiosos porque no hacemos publicidad institucional y porque han perdido el pleito del pufo del archivo histórico de LR, y deben devolver 2.700.000 € a las arcas de la Diputación de OU”, recollían as redes sociais oficiais desta formación sen aclarar a publicidade que lle dan a outros xornais como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo.

Así, Jácome insistíu a través do seu partido que foi un “axente artístico” o que propuxo o nome de Jennifer lópez e que o alcalde Jácome e dous dos seus concelleiros “lo vieron claro desde le minuto uno”. E como pagar isto?. Democracia Orensana di que concello, deputación e Xunta pagarían 125.000 euros cada un para “produción”. É dicir, 375.000 euros en “son, montaxe, recinto e promoción”.

“EL RESTO LO ARRIESGARÍA LA PROMOTORA”

“El resto lo arriesgaría la promotora que posiblemente conseguiría beneficios, porque en el estadio del Couto cogen 14.000 personas (5.000 sentadas y 9.000 en el campo (2 por m2)).
Solo a un inepto no le salen los números”, conclúe o argumentario do partido de Jácome.

Gonzalo Pérez Jácome nunha composición con Jennifer López publicada pola Región
Gonzalo Pérez Jácome nunha composición con Jennifer López publicada pola Región

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 negociante musical

crónica de horrourense en 4, 3, 2....