Quen está detrás das máscaras “patrióticas” de Vox que arrasan en Amazon?

Rubén Sánchez, de FACUA, di que candidatos desta formación fan “negocio” en plena pandemia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ten a bandeira de España imprensa sobre o verde oliva característico da Guardia Civil. Así é a máscara TNT que está causando furor entre a ultradereita. Tanto que xa é a máscara máis vendida a través de Amazon ao prezo de 6,50 euros.

A secretaria xeral de Vox, Macarena Olona, foi a primeira en levar en público esta máscara que pronto se converteu nun dos asuntos máis comentados das redes sociais e que acabou sendo bautizada como a “máscara patriótica” ou "máscara de Vox".

Este sábado, Rubén Sánchez, de FACUA, tal e como publica jotapov.com, escribía un tuit co BOE e o nome da propietaria do dominio da web ao que se pode adquirir esta máscara que, a súa vez, redirixe a Amazon para realizar a compra. Sánchez suliñaba que esa empresa está a nome de Patricia Marta Muñoz Piedrabuena, candidata de Vox en Barcelona e criticaba á formación por “facer negocio” a conta da crise do COVID-19.

Por outra banda, tamén este sábado, e logo do tuit de Rubén Sánchez, El Mundo publicaba unha información que sinalaba que un negocio murciano propiedade dun matrimonio afiliado a Vox realiza 300 destas máscaras ao día.

Máscara coa bandeira de España que leva a deputada de Vox Macarena Olona
Máscara coa bandeira de España que leva a deputada de Vox Macarena Olona | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Gamela

Está ben darlle caña aos que negocian coa morte, pero ollo ao piollo, coa desculpa de que vén a ultradereita outros tamén están a facer negocio cos muros de pago e cos ERTEs selectivos onde envían aos traballadores non-esenciais (para que cobren do Estado) mentras eles seguen a pillar subvencións millonarias... (?) O tema da máscara patriótica é ridículo comparado co Pensamento Único que se está instalando nos medios de comunicación! Para mostra un botón: https://twitter.com/00Gamela/status... A Voz de Galicia leva xa unha boa temporada facendo o mesmo, censurando comentarios críticos e cobrando pola información en pleno estado de alarma e cobrando ERTEs ! Faro de Vigo fai exactamente o mesmo... e aquí falamos das máscarillas do carallo ! Apertas no 46 día de Reclusión Forzosa !