Cinco positivos de coronavirus no centro de discapacidade de Aspronaga na Coruña

Son casos asintomáticos e están illados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

As Vivendas Aspronaga na Coruña, unha residencia de atención a persoas con discapacidade, detectou 5 casos de coronavirus entre os seus usuarios despois de que durante a semana pasada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixese tests a todos os residentes.

Centro de persoas con discapacidade de Aspronaga
Centro de persoas con discapacidade de Aspronaga | Fonte: EP

Segundo informan fontes da Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga), que xestiona este centro —pechado a visitas xa desde mediados de marzo—, os cinco casos que agora se confirman atópanse "asintomáticos" e están "illados" conforme marca o protocolo.

En concreto, esta institución conta con dous pisos tutelados, un masculino e outro feminino, na rúa Pla e Cancela da Coruña. O brote localizouse entre os homes, mentres que todas as mulleres usuarias deron negativo no test.

Estes son os únicos casos novos de COVID-19 que figuran no balance diario que ofrece a Consellería de Sanidade. Con este cinco positivos, o número de usuarios infectados nestes centros en toda Galicia ascende este martes a un total de 97.

Como principais focos entre os usuarios, continúan o Centro de Atención á Discapacidade (CAPD) de Redondela, con 36 casos; o CAPD da Coruña, con 26; e a DomusVi de Bóveda, con 13.

Por parte de Aspronaga, cabe resaltar que a residencia Martín Pou, en Oleiros (A Coruña), un dos primeiros focos da pandemia en Galicia, conta nestes momentos con dous casos: un usuario e un traballador.

Neste mesmo recinto, a institución xestiona o Centro Laboral Lamastelle --que abarca o centro de día e o centro ocupacional--, que detectou algúns dos primeiros casos de COVID-19 da área da Coruña. Con todo, fontes da institución lembran que leva pechado desde que se coñeceu o primeiro caso, o 11 de marzo, e apelan á "tranquilidade" das familias, xa que no resto de instalacións que xestiona "todos os traballadores e todos os usuarios deron negativo".

50 TRABALLADORES CONTAXIADOS EN GALICIA

En canto ao persoal dos centros de discapacidade, xa son 50 os contaxios en toda Galicia. Esta cifra baixou con respecto ao balance deste luns grazas á alta de dous profesionais do DomusVi Bóveda (Lugo). Con todo, o principal foco entre o persoal segue sendo o CAPD de Redondela (Pontevedra), cun total de 16 empregados con COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta