A Xunta suspende ata outubro as probas selectivas das oposicións xa convocadas

Di que se busca "pór orde" nos procesos selectivos. A medida chega tras a suspensión para o 2021 das de educación.

Por Fermín Paz | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou este mércores que proporá aos sindicatos suspender ata outubro a realización das probas selectivas de oposicións xa convocadas na Administración autonómica, debido á situación provocada polo coronavirus. Unha medida que chega logo da presión de opositiores, sindicatos e oposicións para atrasar as de educación ao 2021.

Así o avanzou na súa intervención na Deputación Permanente do Parlamento galego, que comezou cun minuto de silencio de todos os grupos polas vítimas da COVID-19.

O conselleiro destacou que con esta medida búscase "pór orde" nos procesos selectivos, despois de que nun primeiro momento xa se fixase unha moratoria de dous meses nestas probas. O obxectivo é retomar estes exames no último trimestre --con excepción de persoal docente e do Sergas-- para "achegar certeza e seguridade" aos máis de 45.000 aspirantes.

Ademais, na súa toma da palabra o Conselleiro defendeu as medidas postas en marcha pola para a "reactivación" económica ante a crise polo coronavirus, á vez que reclamou ao Goberno central maiores apoios, xa que as comunidades afrontan esta situación "sen practicamente recursos adicionais".

Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO
Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta