Reactivado o deber de xestionar a biomasa nas proximidades ás vivendas

No relativo ás queimas, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores as resolucións da Consellería do Medio Rural na que se autorizan as queimas por motivos fitosanitarios e actívase o deber de xestionar a biomasa nas proximidades das vivendas

Así, por unha banda, a partir de agora poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas en explotacións profesionais.

Por outra, a Xunta aproba levantar a suspensión do prazo legal para cumprir co deber de limpar as franxas secundarias (as dos 50 metros máis próximos ás vivendas). Neste caso, engádese á data límite habitual do 31 de maio os días que transcorreron de estado de alarma, polo que o prazo prolóngase ata o 16 de xullo de 2020 incluído.

No relativo ás queimas, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias.

Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da leira na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizar. Na solicitude debe constar, ademais, o número de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima e que será, como mínimo, de dúas persoas.

Aproveitamento de biomasa.
Aproveitamento de biomasa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta