A Xunta validará cos seus expertos a apertura das garderías, tras non convencerlle o decreto de Madrid

O Goberno central dixo que só se abrirán para os pais que non poden coidalos por motivos laborais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o seu Executivo aspira a "mellorar" o plan de desescalada que avanzou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e tratará de que "se aclare ese concepto difuso e confuso que é a apertura das gardarías".

Tamén explicou que, antes de formular a súa postura, o Executivo autonómico "validará" cos expertos clínicos do Sergas que risco poden ter os nenos se volven ás gardarías.

En todo caso, criticou que o criterio co que traballa o Goberno central sexa "se os pais teñen traballo ou non". "Non se o que pensarán os pais que non teñen, que o perderon ou o van a perder. Con iso si que non estamos de acordo", advertiu.

Parque e zonas exteriores pertencentes a unha escola infantil.. Eduardo Parra - Europa Press
Parque e zonas exteriores pertencentes a unha escola infantil.. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta