Falece o xefe do parque de bombeiros de Arzúa tras volver de tarefas de desinfección

Regresaba co seu equipo logo de realizar tarefas de desinfección perto da cadea de Teixeiro.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/04/2020 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña mostrou "o seu profundo pesar" polo falecemento do xefe do parque de Bombeiros de Arzúa, Bruno García, pertencente ao Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da provincia.

Segundo informa, faleceu este mércores "mentres volvía de realizar tarefas de desinfección como medida de prevención contra a COVID-19 nas proximidades do cárcere de Teixeiro, no Concello de Curtis".

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, mostrou, en nome de toda a corporación provincial, as súas condolencias, ademais de enviar unha mensaxe de "ánimo e forza" á súa familia, amigos e compañeiros do Consorcio Provincial Contraincendios.

Do falecido, destaca que era "un home moi querido entre os bombeiros", á vez que agradeceu "o compromiso e esforzo ao longo da súa carreira".

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta