A Xunta cre que o Goberno central non transmitiu "protocolos claros" para a apertura do comercio

Ademais, o conselleiro Francisco Conde, trasladou a idea do goberno galego de abrir o comercio por áreas sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, demandou este mércores, na Conferencia Sectorial de Comercio, "protocolos claros de actuación" a nivel estatal para que o comercio poida reabrir de novo ao público ofrecendo a "máxima seguridade" aos consumidores.

No encontro, celebrado de maneira telemática, o conselleiro reclamou ao Goberno que recolla "instrucións precisas" sobre como se vai a proceder á reapertura dos establecementos, xa que "hai moitas dúbidas entre os comerciantes" respecto diso da volta á actividade.

Neste sentido, Conde afirmou que o sentimento do sector nestes momentos é de "desasosego e preocupación" ante un proceso de reactivación económica que cualificou de "improvisado".

O conselleiro de Economía apuntou que "non existe un plan de acompañamento" desde o punto de vista laboral que "aclare a situación" tanto dos ERTE como dos autónomos que están vinculados ao cesamento de actividade.

Por iso, subliñou Francisco Conde, a Xunta espera que o Goberno "traslade con claridade de forma inmediata toda esta situación". "E, desde logo, a Xunta de Galicia vai seguir colaborando non só co Goberno senón tamén co pequeno comercio", garantiu.

PLAN DE REACTIVACIÓN

A Xunta está a elaborar, xunto co sector, un plan de reactivación do comercio, dentro do cal xa se creou un grupo de traballo para impulsar medidas en materia de prevención.

O obxectivo primordial do plan é promover que o consumidor acuda ao comercio de proximidade, incentivando a demanda con campañas promocionais; impulsar a dixitalización e promover a prevención con medidas como o acondicionamento dos locais ou os novos protocolos de atención ao público.

No encontro celebrado esta tarde, o conselleiro de Economía, dixo que Galicia defende unha reactivación do comercio na que as comunidades poidan decidir "con certa flexibilidade" e de acordo ás súas circunstancias, e lembrou que a Xunta avoga por que o criterio xeográfico para a desescalada sexa o das áreas sanitarias, "cun tratamento específico para o rural".

Comercios comerciantes polo miúdo en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Comercios comerciantes polo miúdo en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

ANUARIO ESTATÍSTICA FORESTAL

A Consellería do Medio Rural publica este mércores na súa web (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/estatisticas/estatisticas-forestais), o Anuario de Estatística Forestal de Galicia correspondente ao ano 2019, unha "radiografía detallada" do sector editada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Segundo trasladou a administración autonómica a través dun comunicado, esta publicación é "unha ferramenta fundamental para apoiar a toma de decisións en materia de ordqaenación, fomento e promoción do monte galego", tanto por parte da administración forestal como do propio sector.

No documento actualízanse os datos dispoñibles e incorpórase nova información, como a posibilidade de establecer series comparativas entre os datos de 2018 e os de 2019 en múltiples táboas. Por exemplo, apuntou Medio Rural, permite coñecer, no que respecta a aproveitamentos madeireiros, datos desagregados de volume segundo o estado da madeira (queimada, seca ou verde).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta