Carmela Silva ofrece "un gran pacto" para coordinar entre as diferentes administracións a 'desescalada'

A presidenta da Deputación de Pontevedra declarou que "sería un erro gravísimo que cada un de nós tome as súas medidas, fago un chamamento a que sumemos, a traballar de forma coordinada".

Por E.P. | VIGO | 29/04/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG) ofreceu "un gran pacto" na provincia coas administracións competentes para implementar as diferentes fases de 'desescalada' das medidas adoptadas con motivo da pandemia de coronavirus.

Así o trasladou Silva aos representantes dos municipios de menos de 20.000 habitantes, cos que mantivo este mércores unha reunión telemática, na que tamén participou o vicepresidente da entidade provincial, César Mosquera (BNG).

Silva trasladou aos alcaldes e alcaldesas que se dirixirá a á Xunta e ao Estado (a través da Delegación do Goberno) para traballar "de forma colaborativa" e tomar "decisións que somen". "Sería un erro gravísimo que cada un de nós toma as súas medidas, fago un chamamento a que sumemos, a traballar de forma coordinada", advertiu a presidenta da Deputación.

Nesa liña, Carmela Silva informou aos municipios de que o goberno que preside estudará a posibilidade de "reorientar" o orzamento provincial e "modificar" o Plan Concellos para dispor de "recursos para as novas necesidades" expostas no marco da crise sanitaria, para o que buscará o consenso da oposición.

Mentres, César Mosquera apelou á "cautela" e á "solidariedade" nas actuacións que leven a cabo as administracións. Nese sentido, e con respecto aos recursos, sinalou que "se rascou o que se puido rascar", sen "comprometer" a capacidade de reacción dentro duns meses, "porque igual vén outra onda ou a actividade económica non remonta".

AXUDAS E MEDIDAS DESTINADAS AOS CONCELLOS

Carmela Silva detallou na reunión o desenvolvemento das liñas de axudas, medidas e programas destinados aos concellos activados pola Deputación no contexto da crise do coronavirus e que supoñen case 30 millóns de euros.

Segundo explicou, os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes acolléronse á liña de axudas extraordinarias, ás axudas de emerxencia e ao adianto do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e SAF, cun importe total de máis de 4 millóns de euros.

Igualmente, séguense tramitando peticións de anticipo do Fondo de Liquidez de ORAL, dotado con 21 millóns, ou modificacións da Liña 2 do Plan Concellos, para destinar ese diñeiro aos gastos ocasionados pola pandemia. A Deputación, así mesmo adiantou subvencións a municipios e segue tramitando as obras solicitadas.

Entre as cuestións abordadas na reunión telemática tamén estivo a prórroga do Plan DepoRemse, as iniciativas de atención a persoas vulnerables, as axudas a autónomos, pemes e emprendedores, ou a reactivación do sector turístico, para o que a administración provincial encargou un estudo de impacto que será a "folla de ruta" no plan de recuperación, así como a elaboración dun novo Plan Estratéxico.

PETICIÓNS DOS REXEDORES

Mentres, os alcaldes e alcaldesas coincidiron en sinalar a necesidade de "axilizar" os procedementos e de ter "ferramentas para evitar a burocracia excesiva", ademais de "sumar sinerxías e traballar de forma coordinada".

Tamén pediron cambios na Lei de Contratación e nas normas de Facenda para facilitar a actuación dos concellos, así como a posibilidade de usar os seus remanentes e superávit. Do mesmo xeito, instaron á Xunta a achegar axudas directas a sectores como hostalaría e comercio, e a facilitarlles, respectando a confidencialidade, os datos sanitarios dos seus municipios para "poder tomar decisións".

Reunión telemática da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do vicepresidente da institución, César Mosquera,  con alcaldes e alcaldesas da provincia.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Reunión telemática da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do vicepresidente da institución, César Mosquera, con alcaldes e alcaldesas da provincia.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Rui do

Se sabe si a Carmela Silva, tan de izquierdas ella, le bajaron el sueldo?

1 Gamela

De momento o único que renunciou ao 50% do soldo do mes de abril foi Abel Caballero (75.000 €/ano) "Algunos en nuestra situación personal podemos renunciar, a lo mejor algunos no pueden. No es lo mismo una familia como yo que somos dos y que tenemos el piso pagado con una familia que sean más gente y tengan que pagar sus hipotecas. Es posible que otro no pueda, y no se lo recriminaría" // De Carmela Silva ninguén sabe nada de nada... Como tampouco sabemos onde mete os cartos Eva Solla a Comunista Galega (96.000 €/ano) !!!

2 Gamela

Sorry... acabo de ver que a miña "amiga" Eva Solla xa leva un par de meses sen cobrar! Mira que é raro que non estea na Deputación Permanente (?) http://www.parlamentodegalicia.es/C...

2 Gamela

Fai un chamamento a manter os seus privilexios, mentras os demáis imos rebuscar no lixo para sobrevivir os 20 anos que imos ter que vivir arruinados por culpa desta tropa de tocapelotas ! https://www.google.com/maps/d/viewe...

1 Gamela

Detrás das pantallas, os ditadores ! https://twitter.com/00Gamela/status...