Os test sospeitosos utilizados pola xunta descartaron o positivo de 1.287 sanitarios con risco en Ourense

Estes probas fixeronse de urxencia para descartar contaxios dos profesionais que tamén utilizaran as máscaras defectuosas Garry Galaxy. Dous profesionais fixeron probas alternativas con PCR e os resultados foron totalmente diferentes. Feijóo di que se utilizaron os test de dobre banda, que "son máis fiables".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/04/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Os mesmos test rápidos que a Xunta está utilizando no seu estudo epidemiolóxico, e que xa foi posto en dúbida por varios colexios médicos de Galicia, tamén se empregaron para facerlle as probas a 1.313 profesionais da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Test e probas realizados por sanitarios e médicos do Sergas para detectar a presencia do coronavirus COVID-19
Test e probas realizados por sanitarios e médicos do Sergas para detectar a presencia do coronavirus COVID-19 | Fonte: Diario do Támega

Curiosamente, o uso destas probas foi de urxencia para descartar o contaxio destes sanitarios que tamén utilizaran as máscaras Garry Galaxy que resultaron ser defectuosas. Das máis de mil probas realizadas, só 28 profesionais deron un resultado positivo a pesar de non presentar síntomas e foron enviados ao seu domicilio.

Con todo, preguntado por GC a este respecto, Feijóo, na rolda posterior ao Consello da Xunta, dixo que o test que se utilizou con eses profesionais non foi o que se utiliza no estudo epidemiolóxico, senón un de dobre banda, que, dixo "é máis fiable" e "distinguen se é positivo ou foi contaxiado".

OUTRAS "CONTRADICIÓNS"

Non foron as únicas “contradicións” deste tipo de probas. Como informa Diario do Támega, varios sanitarios confirmaron que os resultados deses test poden ser erróneos. Así, unha médica de familia, ante a incerteza de saber se podería ou non estar contaxiada e estar a pór en risco aos seus pacientes; decidiu acudir a un laboratorio privado de Verín.

Alí realizou o test de antíxenos, denominado "Elisa", e que detecta se o seu organismo desenvolveu os anticorpos IGM (os que primeiro se xeran no momento de padecer a enfermidade) e IGG, aqueles que se manteñen durante un espazo de tempo e que son os que evidencian que nalgún momento desenvolveuse o COVID-19.

Para a súa sorpresa, maiúscula, o test do laboratorio privado confirmou que nalgún momento dos últimos meses, mentres mantiña con total normalidade o exercicio da medicina, desenvolveu, de maneira asintomática, a enfermidade. Coñecido o sorprendente resultado, someteuse tamén ao test de seroprevalencia que estivo distribuíndo de maneira aleatoria o Sergas entre os diferentes centros de saúde da comunidade e a provincia para comprobar o seu grao de fiabilidade.

DÚBIDAS

O resultado foi, en contra do seu desexable, negativo, o que deixa en evidencia a efectividade do informe serolóxico que pretenden desde a Consellería de Sanidade emitir despois de que se realicen todas as mostras programadas, máis de 100.000.

Non é o primeiro caso que se coñece na comarca de Verin. Outro profesional sanitario da zona, receloso tamén do resultado final do test rápidos, someteu a pasada semana a un paciente confirmado de coronavirus aos resultados da proba serolóxica, e esta deu tamén un resultado negativo cando o usuario do Sergas en cuestión superara a enfermidade un par de semanas atrás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dr. bacterio

E mellor consultar a unha pitonisa e dirache que o pillaras si ou si

1 Ana

¿Pero ainda hai xente que se cre todo o que nos están a contar?. Restrinxir liberdades, arruinar a economía (e vendernos aos "buitres") e vacunarnos eso é o que queren, asi como impor o Novo Orde Mundial. Internet esta cheo de videos de hospitais vacios en todo o mundo, sanitarios bailando e incluso un coronel ruso falando sobre a falsa pandemia. ¿Dónde están as autopsias?. ¿Canta xente morre todolos anos por gripe e neumonía e non se confina a todo un pais?.