VÍDEO: Heavy Metal dedicado ao Instituto de Investigacións Mariñas

Rony Flamingo achega unha nova 'Pílula CSIC de Coñecemento' para tempos de confinamento pola pandemia de Covid-19.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/04/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia está a promover unha serie de iniciativas, xurdidas no marco do confinamento pola pandemia de Covid 19, para divulgar a I+D+i que desenvolve a institución.

Rony Flamingo achega unha nova 'Pílula CSIC de Coñecemento' para tempos de confinamento pola pandemia de Covid-19
Rony Flamingo achega unha nova 'Pílula CSIC de Coñecemento' para tempos de confinamento pola pandemia de Covid-19 | Fonte: CSIC Galicia.

Unha desas iniciativas son as chamadas “Pílulas CSIC de Coñecemento”, ideadas pola Unidade de Cultura Científica (UCC) da Delegación Institucional do CSIC en Galicia. O obxectivo é achegar ao público en xeral contidos científicos sinxelos e rigorosos, en clave de humor e a través de pequenos vídeos.

“A idea xurdiu ante a necesidade, no contexto actual, de deseñar un recurso diferente para continuar o labor da UCC a través das súas propias institucións, e tamén por medio das redes sociais, e que ao mesmo tempo axude á sociedade para soportar estes momentos de confinamento. A filosofía das pezas é ofrecer un momento de entretemento e lecer ás familias, dando visibilidade a algunhas das liñas de investigación do CSIC en Galicia, así como ás Unidades que realizan funcións de xestión e apoio científico-tecnolóxico”, explicou Luisa Martínez Lorenzo, responsable da UCC.

Cada peza está interpretada polo cómico e actor Carlos Godoy, co seu álter ego Rony  Flamingo. Os vídeos son gravados polo propio humorista na súa casa, confinado.

As 'Pílulas CSIC de Coñecemento' emítense na canle de Youtube da UCC CSIC Galicia e difúndense nos seus espazos en Facebook e Twitter

Desde o 30 de marzo xa se crearon e publicaron 12 'pílulas', a última, este 'Heavy Metal en el barrio (Metales pesados)', dedicado ao Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta