Case o 40% da poboación galega vive entre as sete grandes cidades

O índice de envellecemento, que mide a relación entra a poboación maior de 64 anos e a menor de 20 anos, é de 158,2 en Galicia. Isto quere dicir que, por cada 100 menores de 20 anos hai 158 maiores de 64.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Máis de 990.000 persoas residen no sete cidades, o que equivale ao 36,7% dos 2,7 millóns de habitantes existentes en Galicia.

Así se recolle dentro da estatística 'Panorama dos sete grandes concellos' publicada este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE) con datos de 2019.

Vigo segue á cabeza en poboación (con 295.364 persoas), seguida da Coruña (245.700), Ourense (105.233), Lugo (98.276), Santiago (97.260), Pontevedra (83.029) e Ferrol (66.065). As mulleres supoñen a 52% fronte ao 48% dos homes.

As cidades contan cunha estrutura por idades menos envellecida que a media galega --excepto Ferrol--. Ourense presenta taxas máis elevadas que a media a partir de 65 anos.

A idade medida dos galegos é de 47,2 anos. A cidade coa cifra máis baixa é Pontevedra, con 44,1 anos en 2019. En cambio, en Ferrol é de 48,6 anos.

O 54,8% da poboación galega reside no mesmo concello que no que naceu, o 31,1% noutro municipio ou provincia distinta, mentres o 14,2% está noutra comunidade ou no estranxeiro. Nas cidades, a poboación que reside no municipio de nacemento oscila entre o 46,4% de Ourense e o 61% de Ferrol.

ENVELLECEMENTO

O índice de envellecemento, que mide a relación entra a poboación maior de 64 anos e a menor de 20 anos, é de 158,2 en Galicia. Isto quere dicir que, por cada 100 menores de 20 anos hai 158 maiores de 64.

Nas cidades, este índice de envellecemento é máis baixo --excepto o 188 que rexistra Ferrol--. O dato máis baixo está en Pontevedra, con 106.

A taxa de mortalidade en Galicia está en 12 defuncións por cada 1.000 habitantes. Nas cidades, vai desde o 11 por cada 1.000 que hai en Lugo e Vigo, ata o 13,1 de Ferrol.

Imaxe da Ponte de Rande.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe da Ponte de Rande.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta